Charlas da Facultade de Telecomunicacións (UVIGO)

 

O Departamento de Informática, en colaboración coa Factultade de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, organizou dúas charlas dirixidas ao alumnado do ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR).

 

O 17 de xaneiro o Dr. José Carlos López Ardao impartiu a charla "Érase unha vez internet...". Nesta charla fíxose un percorrido pola historia de internet ata hoxe, intentando explicar dunha maneira sinxela o seu funcionamento e o de moitas tecnoloxías que resultan familiares para a mocidade (ciberseguridade, bitcoins, internet das cousas, móbiles ,intelixencia artificial, big data, etc.). Todo isto acompañado de anécdotas que sacaron algún que outro sorriso.

 

O 25 de xaneiro foi o turno da Dra. Cristina López Bravo, que falou co alumnado sobre "Seguridade en dispositivos móbiles". O alumnado de 1º SMR e 2º SMR disfrutou da charla no salón multiusos, participando en todo momento dos contidos e experiencia da relatora. En primeiro lugar, analizáronse cales son as principais vulnerabilidades (a través de exemplos reais) que afectan aos dispositivos móbiles, para despois expoñer as medidas adoptadas para mitigalas e conseguir así dispositivos máis seguros. As medidas van desde a correcta configuración dos equipos ata a concienciación dos usuarios/as, pasando polo deseño e a programación de aplicacións seguras.