O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.
Neste acordo establécese a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral. Considéranse ámbitos vulnerables a efectos deste documento: centros sanitarios asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios).
Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.
Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 (tendo en conta os días lectivos, a partir de maña 05/03/2022 xa NON será necesario identificar contactos estreitos do ámbito educativo)
Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.
Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do 7/3/22:
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Recomendacions-preventivas-contactos-estreitos
ROTEIRO POLA CORUÑA:
O alumnado de 3.° de ESO do IES Ramón Menéndez Pidal comezou o día 22 a celebración do Día de Rosalía cun roteiro que percorría os principais puntos de conexión entre a autora, a súa obra e a cidade da Coruña. A organización do roteiro correu a cargo da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e por parte do centro contou coa colaboración dos departamentos de Inglés, Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia. O alumnado desfrutou dun paseo desde o noso centro até o Parrote acompañado do recitado de poemas, da caracterización do século XIX e dos retos propostos pola guía, Carmela Gallego.
VERSOS DE ROSALÍA:
No Día de Rosalía, grazas a Manchea - Imprenta + Artefactos manchea e á Asociación Cultural Alexandre Bóveda, puidemos ver en directo unha imprenta tradicional e sacar os versos de Rosalía de Castro á rúa. O alumnado de 3.° de ESO puido experimentar coa imprenta, ver os tipos, apreciar a arte da composición e levar para a casa un fermoso marcapáxinas cun fragmento da obra de Rosalía de Castro.
Alumnado de novo ingreso procedente de centros non adscritos
Presentación solicitude de admisión: 1 - 20 de marzo. A solicitude será única e poderase presentar:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
ou de forma presencial no centro educativo.
Todo o alumnado dos centros adscritos que solicitou praza no IES Ramón Menéndez Pidal para o curso 2023-2024 foi admitido .
O Equipo Directivo
NIVEL |
CURSO |
VACANTES |
ESO |
1º |
34 |
ESO |
2º |
0 |
ESO |
3º |
10 |
ESO |
4º |
10 |
|
|
|
BACHARELATO |
1º Ciencias |
6 |
BACHARELATO |
1º Human. CC. SS. |
3 |
BACHARELATO |
Xeral |
17 |
|
|
|
BACHARELATO |
2º Ciencias |
10 |
BACHARELATO |
2º Human. CC. SS. |
24 |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer