O grupo feminista e de apoio LGBTI+ xa ten logo! Coincidindo co 31 de marzo, día da Visibilidade Trans, entreouse o premio deste concurso.
A gañadora foi María Cobas Rilo, co seu logo Somos Cores, un lema que nos representa á perfección e un deseño que encantou ao xurado. Noraboa, María!
O concurso tivo moitísima participación e un nivel moi alto de calidade nos deseños, como se poder ver no ranking dos máis puntuados.
Grazas pola vosa participación!
Retomamos o intercambio co alumnado alemán de Hamburgo despois do parón "coronavírico". Uxía e Lucía, alumnas de 1.º A de Bacharelato, realízanlles unha entrevista para coñecer a súa experiencia sobre o que viron e fixeron ao longo da súa semana na Coruña. Escoitade o podcast que hoxe vos traemos e sacade as vosas propias conclusións!
Xa dispoñible en:
✅ Ivoox: https://go.ivoox.com/rf/84976842
✅ Blog de O Son das Aulas: https://sites.google.com/view/clubdeletrasieszalaeta202021/curso-2021-2022
✅Spotify: https://open.spotify.com/episode/5Z1Zi1BxkSMPdhlkW9EE06?si=21ae9b17f15d4cbb
Continúan as mobilidades internacionais!! Portugal, Italia e Malta son os destinos do noso alumnado de Comercio Internacional, Xestión de Vendas e Eapazos Comerciais e Actividades Comerciais. Seguimos ampliando fronteiras e, por primeira vez, tamén o alumnado de ciclo medio participa neste tipo de mobilidades. Nestes días están viaxando aos seus respectivos destinos. Rapazada, aprendede moito! Estamos desexando que nos contedes boas novas!
Ao longo desta semana temos o pracer de contar coa visita de alumnado alemán procedente do centro Gymnasium Meiendorf (Hamburgo). Durante todos estes días están a realizar un plan de actividades moi completo: visitar a cidade, excursión a Santiago, exposicións, museo, surf... Unha semana do máis aproveitada! Willkommen!!
Hai unhas semanas informamos de que un grupo de alumnado de 4.º da ESO estaba a realizar un estudo sobre a contaminación acústica na contorna, dentro do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible. Os resultados do estudo están dispoñibles no BLOG.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer