Punto Laranxa contra o acoso escolar

Día da Ciencia na Rúa

O pasado 5 de maio participamos no Día da Ciencia na rúa, organizado por AACC(Asociación de A migos da Casa das Ciencias) e polo concello de A Coruña no parque de Sta Margarida. Participaron alumn@s de Tecnoloxía de 2º e 3º de ESO e de Bioloxía de 1º de Bacharelato.

Os profesores participantes foron Paz Freire, Almudena Jiménez, Carlos Lorenzo. Jay Wright e Lourdes Pérez.
Este ano compartimos carpa con alumn@s de CEE NSra de Lourdes, os nosos socios no proxecto "Deseñando e producindo Sons" subvencionado pola Fundación Emlcsa.

A xornada foi un éxito que esperamos repetir.

 
Para mais información pulsa aquí

Intercambio con Hamburgo

Este curso estamos a levar a cabo a segunda edición do noso intercambio con Hamburgo, un proxecto co que pretendemos o enriquecimento cultural e persoal do alumnado e o uso de linguas estranxeiras como vehículo de comunicación entre diferentes culturas.

A nosa visita en Hamburgo tivo lugar entre o 13 e o 20 de abril. Nesta semana o alumnado asistiu ás clases e realizou diversas actividades no Centro colaborador (Gymnasium Meiendorf). As actividades lectivas complementaronse cun amplo programa cultural con visitas a monumentos e Museos da cidade (Speicherstadt, Elbtunnel, Elbphilarmonie, St. Michael, Kunsthalle etc.) e as excursións a Lübeck e a Travemünde.

No mes de xuño, entre o 11 e o 18, recibiremos aos participantes alemáns.

 

 

 

ESCALADA

"A semana do 24 ao 27 de Abril volvimos cos 1ºs ESO en bicicleta a ESCALAR ao rocódromo. Recordamos cales son as ideas clave deste deporte e puxémolas en práctica. Na medida das nosas posibilidades tod@s conseguirmos un ELEVADO grado de satisfacción pola superación, nun clima distendido e divertido."  no blog están todas as fotos, molaaaan!!

Para ver mais: http://movendocu.blogspot.com.es/

Visita o CEE Nuestra Señora de Lourdes (Aspronaga) - PROXECTO DESEÑO E SON

Un grupo de alumnos e alumnas que cursan Música en 1º de Bacharelato, acompañados pola súa profesora, Isabel de la Puente, visitamos o pasado mércores 25 de abril o CEE Nuestra Señora de Lourdes (Aspronaga) dentro do proxecto Deseño e son no que está a participar o noso centro.

Alí escoitamos un concerto de pezas improvisadas sobre patróns electrónicos e outro no que a música non a tocaban os alumnos, senón uns robots construídos por eles. 

A visita incluíu un percorrido polas instalacións do centro onde coñeceron como son as aulas e aprenderon como funciona o modelo educativo.... pero tamén desfrutaron de momentos de convivencia, xogo e baile. Unha experiencia moi enriquecedora para todos.

 

Grupo de Excelencia de 2º de ESO e Alumando de 3º do Programa de Mellora no Horto

O alumnado de 2º ESO nos mediodías dos martes e o de 3º de ESO do Programa de Mellora están poñendo ao día o noso horto nesta primavera. Agradecemos a colaboración do profesorado que queda fóra do seu horario lectivo para que a nosa contorna sexa moito más amable e agradable e tamén a profesora de Ámbito Científico de 3ª de ESO a súa inmersión no mundo verde para dar unha nova dimensión práctica a súa materia. 

VISITA PULL&BEAR NARÓN

Os alumnos de 1º Xestión de vendas visitaron as instalacións de Pull&Bear no Polígono do Pozo- Narón

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer