Punto Laranxa contra o acoso escolar

ACORE EUROPA CICLO MEDIO 2018

O Concello convoca 14 becas de prácticas no extranxeiro para titulados de CICLOS MEDIOS DE FP     

 

O proxecto Acoreuropa VI convoca 14 bolsas de prácticas no extranxeiro para titulados en ciclos medios de Formación Profesional (FP). A iniciativa, impulsada polo Concello en convenio co Servicio Español para a Internacionalización da Educación, oferta prácticas laborais en Irlanda, Italia, Austria y Francia.

Para estas becas os alumnos deben ter rematado os seus estudos en algún dos centros docentes públicos que participan como socios no programa:

 CIFP Anxel Casal

CIFP Paseo das Pontes

 CIF Someso

 IES A Sardiñeira

IES Calvo Sotelo

 IES Fernando Wirtz

IES Ramón Menéndez Pidal

IES Urbano Lugrís

 CPR Cruz Vermella

CPR Grande Obra de Atocha

 CPR Liceo La Paz

Os beneficiarios, que disfrutarán de esta experiencia entre maio e agosto, recibirán unha axuda mensual de entre 800 e 1.100 euros dependendo do país.

MÁIS INFORMACIÓN:

Servizo Municipal de Educación (A Coruña)

Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª e 3ª prantas. 15001 A Coruña

Correo-e: educación@coruna.es

Teléfono: 981 184 200 (ext: 12114 e 12038)

ENLACES:

http://www.edu.coruna.es/

 

 

As 14 bolsas distribuense da seguinte maneira:
Florencia (Italia): 3 bolsas
Lisboa (Portugal): 3 bolsas
Cork (Irlanda): 4 bolsas
Viena (Austria): 2 bolsas
Burdeos (Francia): 2 bolsas
As bolsas incluen todos os gastos: as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de
atención sanitaria e
responsabilidade civil; e ademáis as persoas participantes recibirán unha
cantidade económica para a súa manutención e estadía. A súa cuantía estimada oscilará entre
800 e 1.100 euros, en función do país de destino.
O Concello tamén se encargará da xesti
ón do programa, coa organización das viaxes, a
búsqueda de aloxamentos e das empresas de prácticas, así coma da tramitación da
documentación ante o SEPIE para o recoñecimento oficial das prácticas.
ACLARACIÓNS DE DÚBIDAS NO:
Servizo Municipal de Educación
Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18
2ª pranta. 15001 A Coruña
Correo
-
e: educación@coruna.es
Teléfono: 981 184 200, extensión 12114

ACORE EUROPA CICLO SUPERIOR 2018

 

Convocatoria de bolsas Acoreuropa VII para titulados en FP (3ª convocatoria)

FONTE: Información obtida da web do CMIX de A Coruña.

O Concello da Coruña convoca o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VII (3ª Convocatoria).

Nesta terceira convocatoria adxudicaranse 10 bolsas a titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia e Portugal.

O programa está dirixido a titulados en ciclos superiores de FP que acadaron a súa titulación en decembro de 2017 ou xuño de 2018, incluida a FCT (Formación en centros de traballo), e que realizasen os seus estudos en algún dos centros docentes que participan como socios no programa:

CIFP Anxel Casal

CIFP Paseo das Pontes

CIFP Someso

IES A Sardiñeira

IES Fernando Wirtz

IES Ramón Menéndez Pidal

IES Urbano Lugrís

IES Escola de Imaxe e Son

IES Eusebio da Guarda

 

OUTROS REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

Estar en situación de desemprego ou ter escasa experiencia profesional.

INSCRICIÓN: 

O prazo abrirase do 2 ao 27 de abril de 2018.

As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na páxina web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Bolsas ACOREUROPA VII. 3ª CONVOCATORIA; indicando os destinos para os que solicita a súa participación ordenados por preferencia (Ver as bases do programa).

Posteriormente, a documentación do expediente e copia do xustificante da solicitude, asinada pola persoa solicitante (e, no caso de menores de idade, a persoa ou persoas que teñen a súa patria potestade ou tutela), deberá presentarse nos rexistros municipais ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou Ágora.

DOCUMENTACIÓN:

Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.

Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte

Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).

Declaración responsable de estar ó corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias co Concello da Coruña.

Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego

Se é o caso, calqueira título oficial de idiomas.

CV Europeo (en inglés)

Carta de motivación (en inglés)

Application form (en inglés)

Os centros educativos presentarán, por cada solicitante que estudase no seu centro, a seguinte documentación: Certificado do expediente académico. Informe da titoría do ciclo formativo ou da dirección do centro docente.

PROCESO DE SELECCIÓN:

Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal pola Comisión.

As 10 bolsas distribúense da seguinte maneira:

Florencia (Italia): 4 bolsas

Lisboa (Portugal): 3 bolsas

Cork (Irlanda): 3 bolsas

As movilidades realizaranse de mediados de setembro a mediados de decembro de 2018.

O órgano competente poderá variar a súa distribución en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas.

As bolsas inclúen todos os gastos:

As viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de accidentes e sanitario; e ademáis as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía.

O Concello tamén se encarga da xestión do programa: organización das viaxes, a búsqueda de aloxamentos, a búsqueda das empresas de prácticas, así coma da tramitación da documentación ante o SEPIE.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

Servizo Municipal de Educación (A Coruña)

Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª e 3ª prantas. 15001 A Coruña

Correo-e: educación@coruna.es

Teléfono: 981 184 200 (ext: 12114 e 12038)

ENLACES:

Ficha de inscrición

 

Celebración do Día Escolar das Matemáticas

 O 12 de maio celebrouse o Día Escolar das Matemáticas.

Proba de avaliación final de 4º de ESO

 

COMUNICADO

 

A LOMCE establece una proba de avaliación final en 4º de ESO, que tras o Real decreto lei 5/2016 de 9 de decembro, non terá efectos académicos, será mostral e terá finalidade diagnóstico.

 

Dado o carácter mostral cada Comuniade Autonóma selecciona a os centros que considera pertinentes para fomar a mostra.

 

O IES Ramón Menéndez Pidal foi seleccionado este curso para realizar dita proba .

 

As datas das probas son o 29 e 30 de maio.

 

1ª PARTE DA PROBA : 29 MAIO

COMPETENCIA

HORARIO

Comunicación lingüística. Lingua castelá e literatura

10:00-11:00

Descanso

11:00-11:15

Matemática

11:15-12:15

Descanso

12:15-12:30

Social e Cívica

12:30-13:30

2ª PARTE DA PROBA : 30 DE MAIO

COMPETENCIA

HORARIO

Comunicación lingüística. Lingua galega e literatura

09:00-10:00

Descanso

10.00-10:15

Comunicación lingüística. Lingua inglesa.

10:15-11:15

 

 

 

O Equipo directivo .

 

Nova canle de YouTube Contextos Musicais 2.0

Contextos Musicais 2.0
 
A profesora do Departamento de Música deste IES, Isabel de la Puente,  ten creada a canle de YouTube Contextos Musicais 2.0 tanto para facilitar e completar a aprendizaxe das pezas interpretadas no aula como para proporcionar listas de reproducción con videos dos distintos períodos artístico-musicais.
 
  Os videos de partituras presentan dúas versións de cada tema:
- A peza "completa" con todas as voces principais na pantalla e con todas as voces reais no audio;
- e a versión "karaoke instrumental" na que ao audio se lle silencia a voz principal, para que o alumno practique e interprete a melodía acompañado únicamente do fondo orquestral, pianístico, étnico, etc.
 
  As listas de reproducción inclúen videos con información -moi sintetizada- do contexto histórico e artístico de cada período así como videos das audicións analizadas e traballadas no aula.
 

Un premio especial "Ao mellor proxecto Mellor contado" no Día da Ciencia na Rúa

No pasado Día da Ciencia na Rúa se otorgou un premio especial "Ao mellor proxecto Mellor contado" decidido por un grupo de expertos de incógnito que recorreron as 40 carpas con proxectos.

O premiado foi Diego Fernández Gómez alumno de 3º de ESO do IES Menéndez Pidal co proxecto  de deseño e impresión 3D de  xogos para xordocegos".
 
Fotos da recollida do premio (un cheque regalo de Fnac por valor de 200 euros).
 
 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer