Por segundo ano consecutivo celebramos no noso instituto unha charla sobre a Emigración co alumnado de 2º da ESO. Contamos coa colaboración dun avó e dunha avoa dos nosos alumnos-as relatando as súas experiencias en Cuba, Francia e Suíza. Resultou moi interesante porque é a forma de que o noso alumnado coñeza de primeira man este tema con moitas preguntas aos relatores.
Material do obradoiro NAVEGA CON RUMBO para facer máis seguro o acceso ás redes.
O Concello convoca 14 becas de prácticas no extranxeiro para titulados de CICLOS MEDIOS DE FP
O proxecto Acoreuropa VI convoca 14 bolsas de prácticas no extranxeiro para titulados en ciclos medios de Formación Profesional (FP). A iniciativa, impulsada polo Concello en convenio co Servicio Español para a Internacionalización da Educación, oferta prácticas laborais en Irlanda, Italia, Austria y Francia.
Para estas becas os alumnos deben ter rematado os seus estudos en algún dos centros docentes públicos que participan como socios no programa:
CIFP Anxel Casal
CIFP Paseo das Pontes
CIF Someso
IES A Sardiñeira
IES Calvo Sotelo
IES Fernando Wirtz
IES Ramón Menéndez Pidal
IES Urbano Lugrís
CPR Cruz Vermella
CPR Grande Obra de Atocha
CPR Liceo La Paz
Os beneficiarios, que disfrutarán de esta experiencia entre maio e agosto, recibirán unha axuda mensual de entre 800 e 1.100 euros dependendo do país.
MÁIS INFORMACIÓN:
Servizo Municipal de Educación (A Coruña)
Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª e 3ª prantas. 15001 A Coruña
Correo-e: educación@coruna.es
Teléfono: 981 184 200 (ext: 12114 e 12038)
ENLACES:
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer