O venres 27 de novembro tivo lugar na Domus a estrea do documental do proxecto de Deseño e Son. Estamos orgullosos e orgullosas do traballo desenvolvido durante estes anos polas profesoras coordinadoras, Paz e Isabel, e de todo o alumnado participante, sen o cal este proxecto non sería posible.
A curta pódese ver na seguinte ligazón: DOCUMENTAL PROXECTO DESEÑO E SON
Felicitamos a Daniel Güeto Sandás, alumno de Tecnoloxía Industrial e integrante do equipo de robótica de Zalaeta, que o venres 27 recibiu no Ágora de mans do conselleiro o 2º premio no Concurso de Robótica organizado por Ingaciencia e o Concello da Coruña.
(Referencia ao premio na web do Concello da Coruña)
O venres 27 de novembro preséntase na Domus o documental do proxecto de Deseño e Son, que pretende facer un recordatorio de obxectivos e logros do proxecto nos tres últimos anos.
O proxecto é Deseño e Son da Asociación Cultural Zalaeta, da que forma parte o IES Ramón Menéndez Pidal.
A reportaxe foi realizada por unha especialista, Xoana Walker, titulada en Cine. A través de entrevistas co alumnado e especialistas, pretende recoller ilusións e emocións dos adolescentes dos diversos centros participantes e está dirixido a calquera persoa que desexe velo: familias, amizades e público en xeral. Non se trata de dar explicacións técnicas, que xa están presentes noutros vídeos presesntados na web ou noutro tipo de eventos, como a OSHWDem ou a Maker Faire Galicia, senón de amosar o efecto nos seus participantes.
O documental poderá verse en streaming en www.festigual.com ás 19h.
A rapazada de 1º da ESO continúa realizando arranxos florais dentro das actividades programadas para a mellora da contorna polo deparamento de Bioloxía. Non podemos cheirar as flores con tanta máscara...pero polo menos podemos velas.
Querida Amalia, querida compañeira...O teu sorriso, a nosa mellor lembranza.
Amalia Casabella López, profesora do Departamento de Comercio e Márketing durante 15 anos.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer