Para poder solicitar algún titulo, sexan libros, películas, etc. os pasos a seguir son os seguintes:
1. Escanea o co teu móbil o seguinte código QR.
ou ben entra na seguinte dirección web:
2. Nesa páxina web atoparás o buscador para os libros. Introduce o título/autor, selecciona o exemplar e toma nota dos datos precisos para cubrir o seguinte impreso.
3. O impreso pódelo descargar deste código QR:
ue
Ou ben no documento adxunto a esta publicación.
4. Unha vez cuberto o documento, remíteo a zalaetabiblio@gmail.com. Tes que devolver o fondo pasados 15 días, nunha bolsa.
Publicación da resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual.
Máis información no Departamento de Comercio e Márketing ou na Secretaría do centro.
Debido a certos malentendidos e algunha información errónea por algún membro do centro aclaramos este punto:
Unha vez os alumnos de ESO e Bacharelato teñan a presentación, terán que estar no centro no seu horario habitual de clase durante todo o curso (é dicir, mañá até as 14:10, coas actividades ou clases que precise a Dirección).
Mentras a presentación do seu grupo non tivese lugar, os alumnos dos distintos niveis non asistirán ao centro. É decir, por exemplo o alumnado de 4ª ESO non virá até o venres ao centro no horario marcado para a súa presentación.
Desculpen as molestias
A Dirección
No documento adxunto aparecen os horarios de presentacións para cada grupo.
Lembramos que a incorporación será gradual, atendendo a cada etapa e curso.
Pregamos que se cumpran as seguintes normas de acceso ao centro:
Acudir á hora prevista coa máscara
Desinfectar as mans á entrada do edificio
Non formar grupos para garantir a distancia de seguridade
Acudir directamente ao andar sinalado onde se lles indicará a aula correspondente (enviarase mensaxe por Abalar móbil para indicar o grupo de cada alumno/a)
Estimadas familias:
A entrega dos libros asignados desde a aplicación "Fondo Libros" realizarase nas seguintes datas:
NIVEL | DÍA | HORARIO |
4º ESO | Xoves 17/09/2020 | 10:30 - 12:30 |
3º ESO | Venres 18/09/2020 | 10:30 - 12:30 |
2º ESO | Luns 21/09/2020 | 10:30 - 12:30 |
1º ESO | Martes 22/09/2020 | 10:30 - 12:30 |
Pregamos o máximo respecto aos horarios e normas de seguridade COVID-19 marcadas polo centro, respectando distancias e empregando a máscara en todo momento.
Evitaranse as aglomeracións.
Só poderá entrar no centro unha persoa por alumno/a.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer