Punto Laranxa contra o acoso escolar

blog de Zalaeta

HORARIOS MES DE AGOSTO

O horario de apertura do centro durante o mes de agosto é de 10h a 13h.

 

  • As solicitudes de certificacións e Celgas teñen que realizarse mediante correo electrónico, incluíndo os seguintes datos:

- Nome e apelidos

- DNI

- Número de teléfono

- Ano en que se comezaron os estudos

- Centro no que se cursaron

 

As peticións que se realicen entre o 1 e o 11 de agosto entregaranse na Conserxería a partir do dia 13 de agosto.

As peticións que se realicen entre o 12 e o 27 de agosto entregaranse a partir do 29 de agosto.

 

  • As solicitudes para as prazas liberadas de FP dual xestionaranse a inicios de setembro, contactando a través do correo electrónico e/ou teléfono que sexa facilitado, ben por este medio, ben no teléfono 981 20 30 00. As instrucións para realizar estas solicitudes están dispoñibles na web do centro e na seguinte LIGAZÓN.

 

Equipo Directivo

PRAZAS LIBERADAS FP DUAL

As persoas interesadas en participar no proceso de FP DUAL para as prazas liberadas nos diferentes ciclos (ver documento adxunto), deberán escribir un correo electrónico ao enderezo: ies.menendez.pidal@edu.xunta.gal indicando:

  • Ciclo ao que se opta.
  • Empresas nas que se participa.
  • Email e móbil de contacto.
  • Fotocopia do DNI/NIE.
  • Certificado da titulación que dá acceso ao ciclo.
  • CV en formato Europass e PDF (pódese elaborar na seguinte LIGAZÓN)

A inicios de setembro retomaranse as comunicacións para organizar os procesos de selección.

Equipo Directivo

HORARIOS MES DE XULLO

O centro e a Secretaría permanecerán abertos de 9 a 14h, coas seguintes especificacións:

  • O venres 26 de xullo o centro estará pechado. O cheque de  material escolar e listaxes definitivas de fondo libros poderán recollerse/consultarse presencialmente a partir do luns 29 de xullo.
  • A matrícula de ciclos formativos correspodente á segunda adxudicación poderá realizarse a partir do luns 29 de xullo. A Secretaría abrirá tamén o martes 30 de xullo en horario a 16h a 19h.

 

Equipo Directivo

PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO (FP DUAL)

BOLSAS COMEDOR

Con data 25 de xuño publícase no taboleiro do Concello da Coruña a información relativa á concesión das axudas municipais:

- Listaxe de solicitudes

- Listaxe de subsanación de documentación

Prazo de presentación da documentación para a subsanación: do 25 de xuño ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.

 

LIGAZÓN

CURSO 2024/2025

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer