Desde o ano 1987 non se ve a neve na cidade da Coruña. En Zalaeta gústannos os retos...e o "efecto Filomena" deixou a súa pegada no instituto a través deste escaparate co que o alumnado de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais Dual nos convida a desfrutar do esquí.
Esta semana Zalaeta vestiuse de gala para a estrea de "O Son das Aulas". Á presentación do proxecto asistiu unha representación do alumnado que colabora nesta marabillosa iniciativa. Xa tedes dispoñible o primeiro podcast, ao que se pode acceder desde esta web, premendo no apartado de "O Son das Aulas". Queremos dar os nosos parabéns tanto ao alumnado participante como ao grupo de profesorado que se implicou para coordinar e impulsar esta nova actividade. Convidámosvos a escoitar, sentir, participar e deixarvos acompañar. Porque, en tempos de pandemia, Zalaeta segue medrando!
O martes 26 de xaneiro ás 19.30h terá lugar unha xornada de portas abertas virtual, a través de videoconferencia.
Para acceder a ela é preciso premer AQUÍ na hora de inicio prevista e conectarse usando navegador. Non se precisa chave de acceso, soamente se solicita email e nome de usuario/a no momento de acceder á sala da reunión.
VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer