Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2020-2021

CARTOGRAFÍA EMOCIONAL

 O alumnado de 2° da ESO tivo a oportunidade de participar nesta sala cartográfica que dá conta da cartografía emocional das persoas en situación de exclusión social na cidade da Coruña. Trátase dunha actividade de sensibilización co alumnado para traballar sobre a desigualdade e favorecer o coñecemento e empatía a través do que nos une no territorio e as emocións que compartimos con persoas das que só se coñecen estigmas. Esta actividade desenvolveuse grazas á colaboración conxunta de Arquitectura Sen Froenteiras e o grao de Educación Social da Universidade da Coruña.


 

 

ABAU 2021 + ADMISIÓN E MATRÍCULA UNIVERSIDADE

 Convocatoria Ordinaria: 8-9-10 xuño


17 de xuño: Xeración e Publicación on-line das actas de cualificacións provisionais da proba de ABAU (a partir das 20:00 horas)

17 – 18 de xuño: Envío ás persoas interesadas, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da proba de ABAU.

18 - 22 de xuño: Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba de ABAU, ata as 14:00 horas do día 22.

22 de xuño: Xeración en NERTA das tarxetas de cualificacións da proba de ABAU (provisorias e definitivas para o alumnado que non solicitou “Revisión”).

24 de xuño: Xeración e publicación on-line do anexo de resolución das solicitudes de “Revisión” (a partir das 20 horas).

 

 Convocatoria Extraordinaria: 13-14-15 xullo

 

21 de xullo: Xeración e publicación on line das actas de cualificacións provisionais da ABAU e das listaxes nominais de aprobados/as por Comisión Delegada (a partir das 20:00 horas). Envío ás persoas interesadas, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da proba de ABAU.

21 – 22 de xullo: Xeración en NERTA das tarxetas de cualificacións provisorias da proba de ABAU da convocatoria extraordinaria.

22 – 26 de xullo: Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade da convocatoria extraordinaria, ata as 14:00 horas do día 26.

27 de xullo: Xeración en NERTA das tarxetas de cualificacións da proba de ABAU da convocatoria extraordinaria con modificación de nota.


 CALENDARIO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN E MATRÍCULA EN TITULACIÓNS DAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021/22.

SOLICITUDE ORDINARIA: Estudantes que superaron a ABAU na convocatoria ordinaria de 2021: do 22 ao 30 de xuño (ata as 14h.)

Máis información en documento adxunto.

 

CONCURSO PODCAST

 

O Club de Letras fixo entrega dos premios do concurso de podcast sobre a vacina da varíola e Isabel Zendal. Os premiados son:

GUIÓN ORIXINAL

 

1º PREMIO : Luis Perille pola orixinalidade, coidado na expresión,variedade de efectos e a boa integración destes no guión.

2ºPREMIO:  Iria Cobas polo contido coidado e polas súas reflexións propoñendo puntos de vista diferentes sobre o tema.

 

PODCAST

 

1ºPREMIO : Uxía Suevos  pola calidade técnica, a selección musical e a coidada dicción e expresividade.

2º PREMIOErnesto e Pedro  pola frescura do seu traballo, polo humor co que trataron  o tema e polo feito  de implicar aos veciños do barrio.

 

Aproveitamos para agradecer a todos os participantes a súa colaboración e implicación nos diferentes programas de "O Son das Aulas", tanto profesorado como alumnado. Agardamos que o vindeiro curso este fermoso proxecto continúe acompañándonos e facendo chegar a nosa "onda zalaética" ben lonxe!

ESCAPARATE: ÓPTICA FP

"Óptica FP" é o escaparate realizado polo alumnado do CM de Actividades Comerciais para despedir este curso 2020/21. Está claro que teñen moita VISIÓN DE FUTURO!!

 

AIRE LIBRE E NATUREZA POLA RÍA DE FERROL

O mércores 25 de maio o alumnado de 1º de BAC fixo unha excursión pola ría de Ferrol. A visita foi moi completa, pois houbo percorrido cultural polo Ferrol histórico, guiado pola profesora Ana López, roteiro de sendeirismo que culiminou na Fervenza de Belelle e paseo en lancha ata Mugardos. E, por se fora pouco, o tempo foi estupendo. Os profesores que acompañaron aos rapaces foron, ademais de Ana, Fran e Emilia.

GALERÍA

 

 

 

 

CONCURSO DE MONÓLOGOS

O venres 21 de maio gozamos no Ágora vendo ao alumnado presentando os monólogos.
Dámoslles os parabéns a todas as persoas participantes! Fixérono de marabilla!
Participaron na categoría A (1° e 2° da ESO) co@ temática "Mamá quero ser gamer": Antón Cillero García (1° ESO A), co título "Reprodúcense os gamers?"; José Manuel Lupiáñez Botana (1° ESO B, co título "Eses gamers"; Daniela Torrado Liñares (1° ESO A), co título "As Mulleres no mundo gamer" e Brian Blanco Góme (2° ESO D) co título "Quero ser gamer".
E parabéns ao gañador do primeiro premio es categoría A: un alumno de primeiro da ESO do noso centro: Antón Cillero García!!!
 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer