O alumnado de 4º da ESO organiza un Xantar de Entroido no Instituto o vindeiro venres 28 de Febreiro a partir das 14:30 horas.
Mercade as vosas entradas canto antes!!
Ofrécense dous menús:
Menú de 15€: Menú de 10€:
Salada de pasta. Salada de pasta.
Pala ao forno con guarnición. Pizza.
Postre e Bebida. Postre e Bebida.
Nuria Vilariño Lema, alumna de segundo de ESO do IES Maximino Romero de Lema, resultou premiada dentro do certame Ciencia que conta 2013, un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. O xurado, decidiu outorgar o primeiro premio á nosa alumna polo relato O gris das fedoras, que podedes consultar no adxunto.
Parabéns Nuria.
Máis información:
Nova publicada en La Voz de Galicia.
Relato Gañador
Concienci@cción
A continuación descríbense as accións solidarias que se levarán a cabo no IES de Baio durante o mes de Decembro.
A Verdadeira Marca da Roupa (http://glorr.com/web)
Trátase dunha campaña de recollida de Roupa e Calzado para a Fundación GLORR.
A data límite para recoller a roupa e calzado remata o día 9 de Decembro.
Pasaporte Solidario (http://www.voluntariadogalego.org)
O xoves 5 de Decembro a Asociación Íntegro virá expoñer a súa visión sobre o voluntariado ao centro.
Trocando Lecturas (Biblioteca)
Dende a Biblioteca do Centro estase a traballar no proxecto de Troco de Libros para levalo a cabo coas seguintes datas:
-16 de Decembro: Data límite de entrega de libros.
-17 e 18 de Decembro: Feira do Libro de Nadal.
Tapóns por Sorrisos (http://todosconjm.wordpress.com/recollida-de-tapons)
Levarase a cabo unha recollida selectiva de tapóns para axudar a José Manuel (Vedra) en colaboración co Concello. Manterase todo o curso.
Consulta os Tapóns Válidos premendo a seguinte imaxe.
De Bote en Bote...Compartindo
Terá lugar unha campaña de Recollida de Alimentos entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.
Removendo Xoguetes
Levarase a cabo unha campaña de Recollida de Xoguetes entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.
A celebración do Magosto, foi un bo motivo para a elaboración dunha serie de traballos que afondan nesta temática.
Consulta os traballos realizados premendo na imaxe do Magosto.
Xa están dispoñibles na Galería de Imaxes, as fotografías das actividades do Magosto 2013.
A celebración do Magosto ten como obxectivo ancestral facer un tránsito de estación, festexar de xeito tribal ao carón do lume a chegada da estación fría.
Para a nosa comunidade educativa tamén é un momento de encontro, no que pais e nais se achegan un día máis ao centro para participar das actividades de xeito activo.
Ao mesmo tempo, o alumnado participa na organización das actividades lúdicas e na elaboración de materiais educativos coordinados polo profesorado.
Máis info:
Cartaz do Magosto.
Admisión e Matrícula para o curso 2013/14
Secundaria e Bacharelato
1º ESO | Impreso de matrícula |
2º ESO | Impreso de matrícula |
3º ESO | Impreso de matrícula |
4º ESO | Impreso de matrícula |
1º BAC | Impreso de matrícula |
2º BAC | Impreso de matrícula |
Ciclo Formativo de Informática (Sistemas Microinformáticos e Redes)
Ciclo Informática (1º Curso) | Admisión do 17 de Xuño ao 2 de Xullo | Anexo 1 Anexo 1A |
Matrícula do 16 ó 18 de Xullo | Impreso de matrícula | |
Ciclo Informática (2º Curso) | - | Impreso de matrícula |
Información completa sobre os prazos de admisión a Ciclos Formativos
Máis información sobre o acceso ós Ciclos de Grao Medio
Información xeral sobre Ciclos Formativos
Documentación necesaria:
Non se recollerá ningunha matrícula coa documentación incompleta nin se permitirá cambiar de opción unha vez formalizada
A Consellería de Cultura, Educación e O.U. convoca axudas para a adquisición de libros de texto e materiais curriculares para o curso 2013-2014.
Mais información:
Gratuidade solidaria: Curso 2013/14