ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES/AS LEGAIS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR
Circular informativa
Adxúntase o Calendario para a celebración de eleccións ó Consello Escolar segundo a Resolución do 19 de setembro de 2014 (DOG do 1 de outubro).
Este ano as Bibliotecas Escolares presentan o seu día, o 24 de outubro, como BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!
Por esta razón nace o I CONCURSO DE ESOPÍAS…
O alumnado de 3º ESO participou no Congreso de Educación Ambiental Rede-Auga organizado polo CEIDA. Aquí tedes o vídeo que se presentou:
Concurso Marcapáxinas Letras Galegas 2014
O Alumno de 1º Ciclo de Sistemas Informáticos e Redes, Junior Pereira Grille, resultou premiado cun Áccesit no concurso de Marcapáxinas Letras Galegas 2014, organizado polo IES San Clemente a través dun proxecto eTwinning.
Noraboa Junior!!
Sesión informativa do Programa de Becas de Formación Profesional FEUGA
O venres 6 de xuño, ás 12:00 horas na Aula de usos Múltiples do IES Maximino Romero de Lema, celebrarase unha sesión informativa sobre o programa de becas de Formación Profesional organizado pola FEUGA e os Departamentos de Orientación e Informática do centro.
Este programa está destinado a facilitar a incorporación ao mercado laboral dos titulados nos ciclos formativos, polo que é de gran interese tanto para os titulados como para os que aínda non teñan decidido a súa formación académica.
Palabras de Pedra
Visita o Blogue Palabras de Pedra, do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, no que fan referencia á sua estancia no noso IES.