Fai click sobre a imaxe para abrir o álbume da actividade.
Na prensa:
O vindeiro luns, día 12 de marzo, pola tarde, continuaremos no noso Centro Educativo o ciclo de encontros con mulleres relevantes da zona e da cultura galega. Estes faladoiros forman parte do “Proxecto Feminino Plural” que estamos a construír entre todas e todos neste curso e rematarán cun pequeno concerto das artistas convidadas aberto a toda a Comunidade Educativa. Para esta terceira ocasión contaremos con Carmen Riveiro (unha emprendedora do rural con maiúsculas e presidenta da Asociación Amigos do Liño) e A Banda da Loba (cinco talentos femininos que veñen para mu dar o panorama artístico galego). A actividade está aberta para todo o alumnado da ESO, 1º Bach. e FPB.
Coma na outra ocasión, o alumnado de Transporte xa será levado directamente ao Auditorio de Baio e recollido alí tamén á hora de marchar. Os que van pola súa conta dirixiranse tamén ao Auditorio sen necesidade de pasar polo Centro.
Achegamos toda a información sobre a folga do 8 de marzo en relación ao noso Centro. Consulta o ficheiro adxunto ao final desta publicación, para información detallada.
O alumnado fala no 8 de marzo:
Na prensa:
O alumnado de FP Básica de Informática de Oficina e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Maximino Romero de Lema, conta dende este curso, cunha nova instalación que amplía as súas posibilidades de formación. O taller de Informática, sistuado no segundo andar do Centro, está totalmente equipado con material de traballo adaptado ás necesidades do mercado laboral actual, nun espazo amplo e accesible que permite realizar prácticas aos distintos grupos das titulacións de informática.
Pulsa sobre a imaxe para acceder ao Álbume.
O pasado 2 de marzo, o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural, achegouse á Semana do Leite en Santa Comba, para falar do noso Centro Educativo como Contedor Cultural, e dar visibilidade ó valor do rural. Compartimos tamén boas experiencias co alumnado de Negreira, Coristanco e Santa Comba.
CONSULTA PRESENTACIÓN SOBRE A CHARLA
PICA ARRIBA DA IMAXE PARA VISUALIZAR O ÁLBUME DO EVENTO
O alumnado de segundo de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Maximino Romero de Lema, vén de crear un video tutorial que será utilizado como recurso didáctico, para compartir cos seus compañeiros e compañeiras de primeiro de Ciclo e FP Básica de Informática de Oficina, á hora de montar un panel de conexións. Ben seguro que a comunidade educativa doutros centros fará uso deste recurso, polo bo resultado e calidade do mesmo.
Hoxe o alumnado de Baio Brincando coa poesía de Rosalía e tecendo lazos teatrais con novelos de emocións. Seguimos aprendendo significativamente con experiencias educativas diversas. Agradecemos ao Concello de Zas que nos facilite este tipo de actividades.