FacebookSíguenos en YouTube

Ao son delas

Foto de José Manuel Casal

O vindeiro luns, día 22 de xaneiro ás 16.30h, comezaremos o ciclo de encontros con mulleres relevantes da zona e da cultura galega. Estes faladoiros forman parte do “Proxecto Feminino Plural” que estamos a construír entre todas e todos neste curso e rematarán con un pequeno concerto da artista convidada e a súa banda aberto a toda a Comunidade Educativa. Para esta primeira ocasión contaremos con María Lista (unha percebeira de Corme) e Guadi Galego (artista e mestra de música de Cedeira). O nexo en común destas dúas mulleres -que non se coñecen entre sí- é a súa paixón polo mar. Unha con salitre atlántico e outra con salseiro do cantábrico. A idea de conxugar a enerxía destas dúas mulleres -que non se coñecen- é tentar facer chegar ao noso alumnado a paixón que desprenden pola vida e polas súas profesións. 

AVISO: A Actividade trasládase ao auditorio de Baio por problemas de loxística. 

A ACTIVIDADE NA PRENSA LOCAL:

Exposición sobre a Historia do Libro

Bo día!
Dende a Biblioteca queremos informarvos que no corredor da entrada  e durante todo o mes de outubro, haberá unha exposición sobre a Historia do Libro, feita polo alumnado do IES Fernando Esquío de Neda e por un grupo de alumnos franceses de intercambio (de aí que a información estea en castelán).
Para calquera consulta ou búsqueda de actividades sobre a exposición podedes acceder aos seguintes enlaces:
- blogfesquio.blogspot.com.es
- sites.google.com/site/exposicionhistoriadellibro  
     
Moitas grazas
Un saúdo.
O Equipo da Biblioteca

Libros de texto 2017-2018

Adxúntase listado dos libros de texto para o curso 2017-2018

Calendario exames setembro

Adxúntase o calendario de exames de setembro do 2017.

CONCURSO PÚBLICO PARA A ADXUDICACIÓN DA CAFETERÍA DO IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

Seguindo a instrución 7/2017 emitida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o 30 de maio de 2017, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios dependentes da Consellería, don Manuel Maseda Deán, en calidade de director do IES Maximino Romero de Lema, declara aberto, con data 30 de xuño de 2017, concurso público para a adxudicación da cafetería do IES Maximino Romero de Lema de acordo coas seguintes

BASES

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

  1. O prazo de presentación de candidaturas será de quince días hábiles contados dende o día da apertura deste concurso (dende o 30/06/2017 ata o 20/07/2017 ás 13:00 horas)
  2. As candidaturas deberán ser presentadas na secretaría do IES Maximino Romero de Lema, segundo modelo facilitado na mesma, onde se procederá a dar rexistro de entrada a cada unha delas. As ofertas económicas (canon e lista de prezos) deberán ser entregadas en sobre pechado.
  3. O día 21 de xullo de 2017, na cafetería do IES Maximino Romero de Lema, ás 11:00 horas da mañá, procederase, en acto público, á apertura das ofertas económicas (canon e lista de prezos)
  4. Con data anterior ao 31 de xullo de 2017, a Dirección do Centro Educativo realizará un informe no que valorará as ofertas presentadas en base aos criterios especificados nas presentes bases, de xeito que clasificará as proposicións presentadas por orden decrecente.
  5. A Dirección do Centro requirirá á persoa licitadora que teña presentada a oferta clasificada en primeiro lugar, antes do 1 de setembro de 2017, para poder adxudicar o contrato, a seguinte documentación xustificativa orixinal ou copia compulsada:
    • i. A certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ao abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.
    • ii. A certificación positiva expedida pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, de non ter contraída débeda ningunha coa facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • iii. A certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, ao amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias.
    • iv. O orixinal ou a copia compulsada da alta no IAE no epígrafe correspondente ao obxecto deste contrato, referida ao exercicio corrente, ou o último recibo completado cunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto.
    • v. O adxudicatario deberá presentar, de non telo feito antes, xustificación de ter constituída unha póliza de seguro de responsabilidade civil , para a cobertura de posibles danos a terceiros por un capital non inferior a 20.000,00 €
  6. Entre o 2 e o 6 de setembro de 2017 procederase á formalización do contrato de xestión e explotación da cafetería do IES Maximino Romero de Lema, que será por un ano non prorrogable, segundo o disposto no artigo 23.3 do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP)
  7. Antes da data de comezo do curso escolar 2017-2018, segundo recolle a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/2018, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o adxudicatario deberá iniciar a execución do contrato.


(Para máis información consulte a documentación anexa ou diríxase ao Equipo Directivo)

Circular informativa para familias. Fin de curso 2017

Se adjunta la siguiente circular informativa para las familias: pincha aquí.

2º Premio "Consumópolis"

No día de hoxe publicouse a relación de gañadores do Concurso "Consumópolis" que organizan a Consellería de Educación e o Instituto Galego de Consumo.

¡¡¡¡ O noso Centro acadou o 2º Premio (600 € e diploma) na categoría de 1º e 2º da ESO.!!

Queremos felicitar oa grupo gañador (Anónimos) integrado por Marika, Teresa, Noa, Rania e Sarai e ao seu coordinador, Alejo Figueroa Soto polo seu traballo "Navegantes".

Noraboa.

Axudas libros de texto e material escolar

A Xunta ven de publicar a ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Está destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 23 de maio e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

Pinche aquí  para acceder á información oficial.

Distribuir contido