Con motivo da celebración do Día Mundial da Actividade Física (6 de abril) e do Día Mundial da Saúde (7 de abril) o alumnado de Anatomía Aplicada presenta unha serie de propostas durante esta semana:
- Elaboración dun almorzo saudable o martes 9 de abril na cafetería, en horario de 8:45 a 9:35.
- Presentación de carteis con contidos sobre alimentación e exercicio físico saudable e dos resultados da enquisa sobre hábitos de vida saudable do alumnado e profesorado do Instituto.
- Recomendacións sobre alimentación e exercicio físico e valoracion da condición física saudable do profesorado e do alumnado.
A valoración da condición física saudable pretende medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado que gardan relación coa saúde e permite coñecer en que estado físico se atopa o alumnado e o profesorado, para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas as súas necesidades.