En colaboración co equipo da biblioteca e o seminario de galego queremos celebrar o aniversario do nacemento da autora con diferentes actividades :
- Lectura en todas as aulas do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2019.
- Paneis con versos de Rosalía. Os cursos da ESO e FP Básica lerán a obra de Rosalía na aula e escollerán os seus versos favoritos, que despois escribirán nus paneis na entrada do centro.
- Exposición da obra de Rosalía e de fondos bibliográficos relacionados con Rosalía.
- Gravación dun video con versos de Rosalía en diferentes idiomas. No video o alumnado recitará os catro primeiros versos de “Adiós ríos, adiós fontes” en galego, castelán, francés, inglés, chinés e romanés.
- Exposición de retratos de Rosalía elaborados con distintas técnicas.
- Marcapáxinas de Rosalía. Durante a semana do 18 ao 22 de febreiro, con cada préstamo dun libro en lingua galega entregarase un marcapáxinas conmemorativo.