FacebookSíguenos en YouTube

Actividades da semana do 26 do novembro

Terán lugar o 29 de novembro ás 12.45h as seguintes actividades:

Obradoiro de baile galego con perspectiva de xénero impartido por Chus Caramés, que xunto con Carme Campo, son mestras de baile e impulsoras do proxecto 'Andar cos tempos'.

Ver actividade no Facebook

Alumnado asignado á actividade: 1º e 2º da ESO. 

Profesorado: O correspondente nesa franxa horaria.

Lugar: Ximnasio do IES. 

Apatacón é unha compañía de nova creación da man da vocalista Faia Díaz (De Vacas) e a contadora Vero Rilo (Daboapipa) onde se xuntan por gusto e querencia investigando os límites e puntos de encontro das súas disciplinas de orixe para achegalos ata diluilos.”Por unha Peseta” é o seu primeiro traballo conxunto onde voz narrada e cantanda achéganse por menos de nada para atopar canto vale unha peseta.

Alumnado: 3º e 4º da ESO, 1º BACH e 3º e 4º da ESO de Zas (30)

Profesorado: O correspondente nesa franxa horaria.

Horario: 12:45h

Lugar: Salón de usos múltiples.