Hoxe o alumnado de 2°, 3°, 4° da ESO e 1° de Bacharelato , que cursan a materia de francés, gozaron dunha mañá de cine en Santiago.
A alianza francesa convidounos a asistir ao Festinema coa proxección de “La Petite Bande”.
Ao sair, o alumnado comentou que lle gustou moito esta comedia francesa protagonizada por cinco adolescentes da súa idade e que lles resultara fácil de entender a pesar de non estar acostumados a ver películas en versión orixinal.