Hoxe o alumnado de 1º FP Básica e 1º Ciclo Medio tivo a oportunidade de gozar dun almorzo equilibrado no Centro seguindo os consellos que lles demos na breve charla inicial.
1º Tomarse tempo para almorzar: o tempo ideal é de 20 a 30 minutos para realizar unha boa dixestión. Eles e ellas hoxe cumpriron de xeito sobrado este requisito pois tiveron sobre uns 40 minutos.
2º Elixir ben todos os nutrientes: é fundamental afrontar con enerxía a xornada de aprendizaxe, por iso lles propoñemos proteínas, graxas, hidratos de carbonos, fibra, vitaminas e minerais que conteñen a variedade de alimentos que lles ofrecemos: froita, lácteos, cereais, pan e aceite de oliva entre outros.
3º Dar máis importancia á calidade: os produtos que ofrecemos na súa maioría son galegos e de gran calidade co que tamén cumpriron este requisito.
4º Fomentar a dieta mediterránea, un dos modelos nutricionais máis saudables a nivel mundial. Por iso servimos aceite de oliva.
5º Planificar o almorzo: no día de hoxe todo o alumnado tiña planificado o seu almorzo abríndolle un abano de propostas diferentes.
Polo tanto, confirmamos o que sinalábamos ao comezo: o alumnado de 1º de FP Básica e 1º Ciclo Medio tomou un almorzo completísimo e moi equilibrado.