O pasado seis de novembro estivo con nós Alejandro, técnico de Cruz Vermella, para realizar xuntos uns Obradoiros de Primeiros Auxilios.
A rapazada de 1º e 2º CM de SMR participou activamente na actividade, como tiña que ser, buscando perderen o medo aos primeiros auxilios nunha situación de emerxencia.
Traballamos sobre o contido dos nosos botiquíns de emerxencias, así como da aplicación. Non paramos aí, xa que vimos os atragoamentos, os cortes profundos ou superficiais, as paradas cardíacas, os accidentes con feridos nas estradas, as queimaduras, as picaduras de insectos e outros "bechos", así como as cómicas situacións nas praias coas pisadas sobre as fanecas. Logo tomamos os bonecos, démoslle duro, e fixemos unha RCP, cada un co seu subir e baixar.....alá foi toda a mañá.
Grazas Alejandro, moi interesantes e refrescantes as túas impresións.