O venres, 7 de xuño, o alumnado de 2º ESO levou á practica na praia de Arou en Camariñas o aprendido sobre o deporte do surf nas sesións que tiveron no Centro.
Empezaron cuns exercicios grupais para quentar e estirar os músculos antes de meterse na auga. Tamén recolleron lixo da praia para analizalo e reflexionar sobre a contaminación dos océanos, concluíndo que é tarefa de todos e todas implicarnos no seu coidado. Finalmente repasaron sobre a area as posturas a manter sobre a táboa e, xa preparados/as, navegaron sobre as ondas seguindo as intrucións dos monitores con maior ou menos éxito, pero, iso si, todos e todas pasárono moi ben.
Agradecémoslle ao Concello de Zas que fixese posible que o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO puidesen desenvolver esta actividade. O próximo xoves será a quenda de 4ºESO que pechará a actividade de Aprende co surf .