O pasado luns Vera Lua Domínguez e Santiago Márquez, de Kamuk e Alertacoches, respectivamente, participaron na Semana Cultural para dar unha charla ao alumnado de 1º CM de FP Sistema Microinformáticos e Redes. Esta actividade encádrase no Programa Eduemprende/ EduInspira , unha iniciativa da Cámara de Comercio de A Coruña e da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para formar en emprendemento nas aulas.
Lua Vera Domínguez, logo de contarnos a súa bagaxe profesional, Apple, Apple e Apple, pasou a presentar mediante un Visual Thinking o perfil do emprendedor. Recuncou ideas trasnoitadas sobre a figura do "fracasado" que non existe, para elevar, como motor da transformación do territorio, ao do emprendedor resilente que traza un vieiro de aprendizaxe sen fin. Presentou os conceptos de ikigai xunto co de Kanji, froito da cultura do esforzo e da constancia, como maneiras de atopar rumbos novos para o emprendemento. Destacamos o visionado do documental breve sobre The Bio Factory,a primeira fábrica de xeados bio en Galicia, concretamente na Coruña.
Santiago Márquez, de AlertaCoches, sumou unha nova visión do emprendedor. Logo de anos traballando, como soporte informático, para unha grande téxtil en Galicia decidiu dar o salto ao emprendemento. Animou a rapazada a que tropezaran, a que caeran, pero tendo sempre na cabeza a satisfacción dunha necesidade das persoas. No seu caso AlertaCoches xurdiu como resposta a súa necesidade de mercar un coche hai un par de anos. Quería un marca e modelo de vehículo moi concreto, pero deuse conta que non ía ser sinxelo: os buscadores de Internet para coches tiñan problemas cando quería unha información comparable de distintas fontes, así que cun pouco de bechmarking e moitos traballo buscou e comparou información para poder decidirse. Deste xeito acabou creando unha ferramenta que permite a calquera buscar de xeito fácil información manexable e fiable na rede de coches á venda, manexable e fiable. Puidemos comprobalo en tempo real cun resultado fascinante.
Pasouse o tempo nun chío. Que grande é o emprendemento!!!!