Skip to Content

O IES Lucus Augusti acadou o 3º posto no IV concurso "Lucus Intercentros" cos alumnos David Díaz López, Carlos Álvarez Varela e Paula Vázquez Tello, que tivo lugar ó 17 de xaneiro no IES Muralla Romana.

Ler máis

 

O cambio climático é, probablemente, un dos maiores desafíos ao que se vai ter que enfrontar na súa historia a humanidade. As probas e argumentos científicos mostran que é un feito innegable e cada vez se manifesta nun maior número de desastres. Por iso é necesario que, dende o ámbito educativo, se programen actividades para promover a educación ambiental e a concienciación dos mozos e mozas.
Por sorte, hai persoas cun forte compromiso medioambiental, como Juan Carlos Mejuto Fernández, quen aceptou dar esta conferencia no IES Lucus Augusti. Juan Carlos Mejuto, quen cursou o bacharelato no noso centro, é un científico de relevancia. É doutor én Ciencias Químicas e catedrático de Química Física na Universidade de Vigo. Foi decano da Facultade de Ciencias de Ourense e é autor de numerosos artigos de investigación e director de varias teses doutoriais.
Agradecémoslle a súa participación totalmente desinteresada.

 

O IES Lucus Augusti co CIF Q 7755122D e con domicilio na Avenida Rodríguez Mourelo, s/n en Lugo, ten previsto realizar un sorteo de dúas cestas de Nadal, unha para o primeiro premio e outra para o segundo premio, co fin de axudar a financiar a viaxe de estudos a Italia do alumnado de 1º BAC, que se realizará no mes de marzo do 2020. O sorteo efectuarase de conformidade ao establecido nestas bases.

Números premiados

Números premiados 2º sorteo

O Dr. Manuel Bermejo Patiño impartirá unha conferencia sobre a táboa periódica nun acto que terá lugar o día 27 de novembro ás 17:00 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti.Tamén se fará á presentación ó público da lámina da táboa periódica segundo Mendeléyev trala súa recente restauración.

 

 

 

 

 

Premio artigo filosófico

 

 

O Club de Letras Lucus a través do Departamento de Filosofía convoca o "I Premio de artigo filosófico" para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

Este concurso literario terá continuidade cunha convocatoria para o "I Premio de ilustración de artigo" que se realizará unha vez que o xurado faga público a obra gañadora do premio, en torno á última semana do mes de xaneiro.

O artigo gañador será publicado na revista cultural "Hechos Mínimos"

Descargar pdf coas bases premendo na imaxe ou nesta ligazón.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut