Skip to Content

EL CLIMA QUE NOS VIENE

cazon

 

O cambio climático é, probablemente, un dos maiores desafíos ao que se vai ter que enfrontar na súa historia a humanidade. As probas e argumentos científicos mostran que é un feito innegable e cada vez se manifesta nun maior número de desastres. Por iso é necesario que, dende o ámbito educativo, se programen actividades para promover a educación ambiental e a concienciación dos mozos e mozas.
Por sorte, hai persoas cun forte compromiso medioambiental, como Juan Carlos Mejuto Fernández, quen aceptou dar esta conferencia no IES Lucus Augusti. Juan Carlos Mejuto, quen cursou o bacharelato no noso centro, é un científico de relevancia. É doutor én Ciencias Químicas e catedrático de Química Física na Universidade de Vigo. Foi decano da Facultade de Ciencias de Ourense e é autor de numerosos artigos de investigación e director de varias teses doutoriais.
Agradecémoslle a súa participación totalmente desinteresada.

 



page | by Dr. Radut