Skip to Content

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Ler máis

Cubrir a solicitude informaticamente

Impresos

Instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ligazón

23 DE ABRIL 2020: DÍA DO LIBRO

Desde o Departamento de Física e Química do IES LUCUS AUGUSTI convidámosvos a sacar un billete virtual de tren para que vos leve cerca ou lonxe, a onde vós queirades, a  onde  vos  achegue a  lectura que elixades  porque “para  viaxar  lonxe,  non  hai  mellor nave ca un libro” (Emily Dickinson).

Suxestións de lecturas

Notas da 2ª avaliación

Informamos ás familias que para poder ver as notas da 2ª avaliación teñen que acceder a través da plataforma Abalar. Aqueles que aínda non teñen instalada esta aplicación pódeno facer dende a seguinte ligazón, na que tamén hai unha pequena guía para o seu manexo. As notas vanse publicar o venres 3 de abril.

Ligazón

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Ligazón

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO REFERENTE Ó PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS CLASES

O profesorado vai colocar na aula virtual cursos con contidos para continuar co traballo durante este período. Para aqueles casos nos que se manden exercicios  ou información puntuais tamén hai na páxina do centro un sitio,"NA CASA", no que se pode ver e descargar ese material.

Recordarlle ó alumnado que debe estar pendente da información que se vaia publicando na páxina do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut