Skip to Content

Debate Parlamento Xove

O alumnado de bacharelato do IES Lucus Augusti foi o gañador na súa categoría na "X edición do Parlamento Xove".
Na final desta competición de debate participaron 242 estudantes distribuídos en 52 equipos. Nesta edición abriuse o torneo ao alumnado universitario, desta maneira, á fase final chegaron 23 equipos de 12 centros educativos diferentes e das 3 universidades galegas. Dos participantes iniciais, nesta fase final debateron 81 alumnos e tamén participaron 16 profesores.
O tema dos encontros dialécticos que se disputaron para as tres modalidades foi: "Sería a democracia directa un mellor sistema que a democracia representativa?"
Parabéns.
Ligazón novas Consellería
Ligazón Lugo Xornal
Album "La Voz de Galicia"

Teatro solidario: O achado do castro

O vindeiro 15 de maio ás 19:30 horas, o grupo de teatro do Lucus Augusti representará o Achado do Castro para recadar fondos para a asociación Somos Unidos por el cáncer, de Lugo. Neste acto contaremos coa presenza do autor da obra, Manuel Núñez Singala, e a actuación do noso coro. Tamén sortearemos unha cesta de froitas entre todos os asistentes que queiran colaborar coa causa comprando unha rifa.

Actuación

 

 

 

 

 

 

 

   Listaxe provisional de alumnado. Admisión curso 2019/2020

    1ºBAC, 1ºESO, 2ºESO, 4ºESO

   

                                         

Distribuir contido


by Dr. Radut