Os Ciclos Superiores de Sanidade (Anatomía 1º e 2º, Documentación 1º e 2º e Saúde Ambiental 1º) gozarán o mércores 15 de xaneiro da charla "Estudos de Medicina. Un reto de Futuro" impartida por D. Juan Cuevas Álvarez. A actividade terá lugar no Salón de Actos do Lamas de Abade entre as 10.35 e as 11:25 horas da mañá
Este sábado atopamos na prensa unha nova relacionada cos resultados finais dos Premios Educa Abanca ao mellor Docente de España nas diversas categorías educativas. Na nova aparecen nomeados os diferentes gañadores dos premios nos que participaba Alicia Romero (figurando como representante do IES Lamas de Abade polo seu traballo no Instituto o curso pasado).
Parece que Alicia, finalmente e contra o que todos desexabamos, non acadou o premio a mellor docente de Secundaria. Pero aínda así estamos moi orgullosos por ter podido compartir todo o curso anterior cunha das mellores profesoras de España. Parabéns!!!
Actividade de concienciación desenvolvida pola Policía Local de Santiago para os cursos A e B de 1º Bacharelato en horario de 9:00 a 11:00 e co obxectivo de sensibilizar sobre as pautas correctas de educación viaria.
Xa están aquí as fotos e vídeos da actividade lúdica que o mércores pasado desenvolveron varios grupos na "Pista de Xeo" que este ano está instalada en Area Central. Gozade das imaxes pulsando neste vínculo.
O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Documentación e Administración Sanitarias poderá gozar o martes 17 en horario de tarde (16:00 horas) da charla titulada "Orientación Laboral para Técnico en Documentación Sanitaria" impartida por Mª del Carmen Martínez Santiso (Dirección de Documentación y Archivo de Galicia HM Hospitales)
Os cursos de 3º e 4º da ESO poderán desprenderse de todas as tensións acumuladas neste intenso trimestre visitando a Pista de Xeo da cidade o próximo mércores 18 de 9:45 a 12:45.
Os cursos 1º e 2º de Próteses Dentais desenvolverán o día 17 de decembro en horario de xornada compketa (8:55 a 18:00) unha visita aos Laboratoris Sineldent e Dental López da cidade de Ourense
O curso pasado foi un pracer compartir docencia coa profesora de Lengua Castellana Alicia Romero López. En varias ocasións fixemos mención na web do Lamas de varias das innovadoras actividades desenvolvidas na súa tarefa docente co noso alumnado. Agora todo ese traballo está a ser valorado na "III Edición dos Premios Educa Abanca".
En outubro coñecemos a súa nominación e agora podemos confirmar que forma parte do profesorado escollido para a final. Por suposto, dende o IES de Lamas desexámoslle o mellor resultado posible conforme aos seus enormes merecementos.
Deixamos vínculos con varias novas e coa web dos Premios por se queredes ampliar información.
Un ano mais o alumnado do IES Lamas de Abade tivo a sorte de contar coa presenza do doutor José María Suárez Quintanilla, que foi convidado polo Departamento de FOL, para impartir unha charla sobre: “ A linguaxe non verbal e a estética facial como medio de comunicación”.
O doutor Suárez Quintanilla é profesor do Departamento de Ciruxía e Especialidades Médico-cirúrxicas da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, director do Curso de Implantoloxía Oral da USC, presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña, e unha longa lista de méritos mais.
Grazas ao profesor sabemos que :
. O noso físico e a nosa linguaxe non verbal inciden de forma relevante nas relacións humanas.
. Cando nos comunicamos, a linguaxe verbal supón solo un 7% da mensaxe que se quere transmitir, o ton de voz e a velocidade supoñen o 38% e o 55% restante provén da comunicación non verbal, xestos, expresión facial, posición corporal, etc ( xa quitamos as nosas conclusións para as entrevistas de traballo).
. Os seres humanos pasamos unha gran parte da nosa vida perseguindo algo tan básico como que nos queiran. Inicialmente estamos pendentes do que pensan os demais de nós, para acabar descubrindo, xa na madurez, que ninguén pensa en nós.
Moitas grazas ao profesor por esta interesantísima e amena charla e tamén á USC por posibilitar que o alumnado dos ciclos formativos entre en contacto con profesionais deste prestixio.
Compartimos finalmente o álbum das fotografías da actividade por se queredes descargalas con máis calidade.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer