slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Entroido 2020 no Lamas de Abade

 

O alumnado de 1º e 2º da ESO participará no tradicional entroido organizado polos Centros Educativos de Lamas de Abade.

Pulsa na imaxe de abaixo para coñecer os horarios e actividades

 

 

Visita Base Medicalizada de Santiago (Ciclo de Emerxencias)

O Ciclo Medio de Emerxencias visitará a Base Medicalizada de Santiago de Compostela hoxe 10 de febreiro en horario de tarde (entre as 16:00 e as 19:00 horas)

III XORNADAS DE ORIENTACIÓN (do 10 ao 14 de febreiro de 2020).

O Departamento de Fol organiza do 10 ao 14 de febreiro de 2020 as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN.

No cartel anunciador puxéronse os logos de Proxectos feitos polo alumnado:

AGNÓDICE (Anatomía), CODIFIC.ES (Documentación), RIBEIRA SACRA SPA (Estética), peinARTE (Peiteado), PRONLAB (Próteses) e M.E.I. (Estética).

Esperamos con impaciencia a realización destas interesantes xornadas, que se fan dende o ano 2018.

 

Acceso ao Programa das Xornadas

Visita aos "Laboratorios Elidente" para coñecer a tecnoloxía CAD/CAM

 O venres 7 de febreiro o 2º curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais visitará os Laboratorios Elidente no Polígono do Tambre en horario de 9:30 a 11:30 para coñecer de primeira man unha empresa do sector que inviste gran parte dos seus ingresos en tecnoloxía, investigación e formación. Por este motivo preséntanse coma un dos laboratorios con maior infraestrutura CAD/CAM a nivel nacional, aspecto este último de especial interese para o noso alumnado e motivo principal para a realización da visita.

Xornada de Portas Abertas no Lamas de Abade

Nova en "El Correo Gallego": O alumnado de Estética nas Termas de Cuntis

O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Estética (Departamento de Imaxe Persoal) comparte con todo o público da web a nova do xornal "El Correo Gallego" na que queda constancia da súa visita didáctica nas Termas de Cuntis. Deixamos link co artigo:

Visita Base Medicalizada de Santiago (Ciclo de Emerxencias)

O Ciclo Medio de Emerxencias visitará a Base Medicalizada de Santiago de Compostela os días 5 e 10 de febreiro en horario de tarde (entre as 16:00 e as 19:00 horas)

Lectura Dramatizada no CEIP Lamas de Abade

O alumnado de 1º da ESO (Grupos A e B) está a preparar, co profesorado de Lingua Galega, un conxunto de contos infantís para proceder a unha lectura dramatizada diante do alumnado do CEIP Lamas de Abade este vindeiro mércores sobre as 10:35 horas. 

Visita Museo Historia Natural da USC

O alumnado do 1º Curso de Próteses Dentais visitará este mércores 5 de febreiro o "Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela" en horario de tarde (16:00 a 18:30) 

Sorpresa no Cine Numax: Visita e charla de Xesús Ron (codirector do filme)

 

O alumnado que o pasado mércores 29 estivo na proxección da película "Eroski Paraíso" do Cine Numax, tivo tamén a gran oportunidade de coñecer en persoa a Xesús Ron que é Director Artístico da Compañía Chevere e codirector da propia película xunto a Jorge Coira. Interesante experiencia a organizada polo Departamento de Lingua Galega! 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer