slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

II Premios á Calidade Lingüística do Proxectos de FP

O mércores, 11 de novembro,  entregáronse os II Premios a Calidade Lingüística dos Proxectos de FP á 9 alumnas, todas elas mulleres, de varios dos ciclos impartidos no noso centro: Angela Abelenda, Lidia Calo, Sandra Brenlla, Antia Villamediana, Nerea Sánchez, Aroa Sánchez, Laura González, Uxía León e Sandra Viadel.

 

 

 

Ademais do premio en metálico (100 € para cada proxecto ganador) e do diploma acreditativo, recibiron un libro, cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Se todas as premiadas eran mulleres, tamén as encargadas da entrega do premio o eran: María Dolores Picón, directora do instituto, Pura Galán, coordinadora dos equipos de Dinamización Lingüística da provincia da Coruña e Isabel Senra, inspectora do instituto .

 

O equipo de Dinamización da lingua galega do instituto destacou as escollas léxicas, a escrupulosa selección de contidos e, en xeral, a calidade de todos os proxectos presentados.

O acto tamén serviu para presentar a III convocatoria dos Premios á Calidade Lingüística do curso 2020/21 que se resolverán no outono do 2021 e que previsiblemente sexan xa a nivel autonómico, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística tanto na organización como na dotación económica.

 

Memorando

 

Se queres  ver a curtametraxe Memorando preme sobre a imaxe do cartel.     

 

                          

Estrea de Memorando

O elenco de Memorando

Onte, venres, 16 de outubro, ás 19:30 h, no Auditorio Cinc da Cidade da Cultura estreouse a curtametraxe Memorando, baseada no guión ganador do VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero, organizado pola Deputación da Coruña.
 
O guión foi elaborado por tres alumnas do noso instituto: Ainhoa Caamaño, Elisa Nieves, Xiana Villaverde, como traballo para a materia Cinema e literatura galega. Foi o curso pasdo, cando estudaban 2º de bacharelato. Elas mesms se encargaron da rodaxe da película coa axuda dun director profesional, Omar Rabuñal.
 
Memorando evidencia unha das múltiples caras que amosa o poliedro da violencia de xénero: a violencia económica.A través de tres  personaxes que viven en distintos momentos da historia recente de Galicia, evidénciase como a muller galega tivo que sortear o poder dos homes que a rodeaban (e posiblemente a querían) para manter o seu criterio e defender as súas ideas.
 
Unha escena da curtametraxe
 
A protagonista, Rosa, mentres espera que lle comuniquen o resultado dunha votación crucial na súa vida, observa fotos das súas devanceiras e comproba como as súas loitas que son as loitas de todas as mulleres galegas.
 
Despois da emisión da curtametraxe realizouse un pequeno coloquio sobre a súa experiencia e aprendizaxe e sobre este tipo de violencia de xénero, as veces encuberta e sempre sutil.
 
As ganadoras do concurso, directoras e protagonistas de Memorando
A estrea asistiron María Muíño, deputada de Igualdade da Deputación da Coruña,  Pura Galán, coordinadora dos equipos de Dinamización Lingüística da Coruña e Lola Picón, directora do instituto, ademais de profesores e profesoras do noso instituto.
 
A Deputada de Igualdade, xunto coas protagonistas

 Proximamente subiremos a curtametraxe.

Instrucións Abalar Móbil e outros servizos dixitais

Pulse na imaxe para ver as instrucións xa publicadas nesta web encamiñadas a descargar a aplicación Abalar Móbil

Por outra banda tamén están a disposición das familias e alumnado varios videotitoriais doutros servizos dixitais como o programa Webex para videoconferencias:

Axudando en tempos de dificultade

 Durante as últimas xornadas o persoal de garda no Ies Lamas de Abade ten compilado e inventariado múltiples caixas de material sanitario, do empregado para a docencia, por distintas dependencias e Departamentos dos Ciclos de Sanidade. Ao longo do día de hoxe persoal do Sergas ten pasado a recoller esa importante cantidade de material (mascaras, gorros, batas e algún equipo de quirófano) para axudar a facer fronte á situación que estamos a vivir. A voz xa ten publicado a nova esta mesma tarde e deixamos o vínculo para que a poidades ler. Parabéns pola iniciativa

Actividades Lectivas Suspendidas Temporalmente

 

Tal e como ten comunicado esta mañá o Presidente da Xunta de Galicia en rolda de prensa, informamos que se suspenden as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente o luns 16/03/2020 e de xeito recomendable xa a partir de mañán 13/03/2020.

 

Reflexións do alumnado sobre a visita de Luz Fandiño

O pasado venres Luz Fandiño estivo no Lamas de Abade compartindo co alumnado e profesorado os seus poemas e as súas experiencias vitais. Desa actividade teñen xurdido múltiples actividades das que o Departamento de Galego quere compartir, entre outras moitas e a modo de exemplo pola súa calidade, a  desenvolvida por Elisa Nieves. Pulsa na imaxe ou neste vínculo para acceder ao PDF

 

 

Accésit nos Premios Literarios Minerva

 

Atopamos na prensa local que a nosa alumna María Crespo Cutrín vén de acadar esta fin de semana un Accésit na Modalidade de Narración da 48 edición dos "Premios Literarios Minerva". 

Cheos de ledicia compartimos vínculo coa nova de prensa. Preme na imaxe:

 

Conferencias na Biblio: Chus Nogueira

Gañadoras do "Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero" con «Memorandum»

http://picasion.com/

O guión desenvolvido por Xiana Villaverde, Ainoha Caamaño e Elisa Nieves no corto "Memorandum", baixo a dirección de Maricarme García Ares, ten sido elixido como gañador do "Concurso de guións contra a Violencia de Xénero da Deputación da Coruña".

Compartimos link da gran nova que quedou recollida na prensa de hoxe (preme na imaxe):

 

E pulsando neste vínculo podedes volver a gozar desta excepcional obra:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer