É o mercado da nosa cidade especialmente singular, ata o extremo de constar en tódalas guías turísticas como o segundo obxecto de visita tras a catedral do noso Apóstolo Santiago, pola variedade e singularidade dos produtos frescos que alí se comercializan e polo primor co que os placeiros os expoñen ó publico.
Os alumnos de Alimentación e Nutrición de 1º de Bacharelato A/B tiveron a ocasión de realizar una visita ó Mercado de Abastos de Santiago de Compostela cun especial cometido.
Os peregrinos desfrutan co colorido das nosas froitas e verduras e os pintorescos e frescos pescados que se comercializan. E todo isto baixo unha estricta vixilancia sanitaria que garante ó consumidor un perfecto estado destes nosos tradicionais produtos nas mellores condicións de hixiene alimentaria.
O encargado da Praza de Abastos de Santiago guiounos polos diferentes tipos de postos que, en función do tipo de produto que expenden requiren a vixilancia duns ou outros puntos críticos.
Moi especialmente se nos explicou o modo de control da trazabilidade nas peixerías de maneira que en todo momento se pode coñecer o percorrido ata a súa orixe de cada un dos produtos que se poñen á venda.
Así mesmo se nos explicou as precaucións na manipulación dos alimentos que requiren as charcuterías, as carnicerías e panaderías.
Aproveitamos para visitar o posto de Carnicería da familia de Jesús Lodeiro. E a panadería da tía de Hugo Mujico, dous dos excelentes alumnos de 1º de bacharelato.
Decepcionounos a mágoa de que acabou por desaparecer un dos maiores atractivos do mercado que eran os postos ambulantes das mulleriñas que, desde os arredores, se aproximaban a vender os excedentes da produción das súas primorosas hortas. Tratábase dunha xeración irremplazable que , na procura de ofrecerlle ós seus fillos unha vida menos traballosa que a súa, esquecéronse de formarnos nesa tarefa de manter a nosa propia horta e os nosos produtos de temporada. A covid esixiu serias restricións no aforo de vendedores e, ó ser tan maiores, ó levantarse estas, non volveron máis.
Xa non poderemos ir mercar o ramo de plantiñas para a auga da noite de San Xoán.
VISITA Ó MUSEO DE HISTORIA NATURAL da USC
Cun día brumoso e meleado, o pasado día 8 de xuño, como é tradición para os alumnos de 1º de ESO do noso Instituto, levouse a cabo a visita ó Museo da Universidade de Santiago de Compostela de Historia Natural
Nel exponse una nutrida representación de especies de diferentes reinos dos nosos ecosistemas galegos, tanto terrestres como acuáticos. E os estudantes poden desfrutar tamén da observación da biocenoses propias de ecosistemas exóticos en forma de animais disecados como panteras, osos polares, tigres de bengala, etc., ós que os nosos alumnos poden ver de forma natural.
As actividades a realizar no museo foron levadas a cabo con máis facilidade para uns que para outros pois, dada a data da visita, permitíuselle facela a todos os alumnos do primeiro curso da ESO sen excepción (aprobados ou non).
Os estudantes estiveron acompañados dos profesores: J.J. Martínez , María Roel e Marina Raíces. Como de costume, tiveron o orgullo de recibir as felicitacións do persoal do museo polo excelente comportamento do noso alumnado durante a visita.
Á saída tomouse esta fotografía do grupo todos xuntos a modo de recordo para a posteridade.
III XINCANA XEOLÓXICA IES LAMAS DE ABADE
Como cada ano que a Covid nos permitiu, ó rematar o
programa de Xeoloxía de 1º de Bacharelato, desenvolveuse a Xincana Xeolóxica nos
arredores do noso instituto co obxectivo de poñer en práctica os coñecementos
de detalles salientables no propio solo que pisamos de cotío.
Neste curso, por leves motivos de saúde sucesivos de
alumnos e profesora, tívose que pospoñer a entrega dos premios da celebrada III
XINCANA XEOLÓXICA IES LAMAS DE ABADE ata o mes de maio. Posan na fotografía
case que tódolos participantes cos seus correspondentes diplomas acreditativos.
Nunca máis adecuado o dito para esta ocasión: “Hai
canteira”.
Como cada curso, o IES LAMAS DE ABADE visitou a Feira de Minerais. A actividade foi organizada polo Dpto. de Física e Química en colaboración co Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía para os alumnos de Bilingüe.
Nesta ocasión, ademais da consabida exposición de diferentes casas comerciais de minerais e xoiería, se nos ofreceron dous obradoiros para o noso nivel: o da ESCOLA DE INXEÑERÍA DE MINAS E ENERXÍA e, un segundo, do GRUPO MINERALÓXICO E XEOLÓXICO GALEGO. É preciso salientar que, a pesar de que os dous nos resultaron moi adecuados ó noso nivel, o primeiro de eles (así coincidimos todos) foi o que nós calcificaríamos como “moi recomendable”. Moi rigoroso e didáctico, con unha metodoloxía baseada na indagación e dedución, ben conseguida.
Por suposto, quedamos en contacto para viren a realizar obradoiros en cursos vindeiros no noso centro.
Os CM de peiteado e cosmética capilar recibiron formación impartida por Susana de Produve.
Conferencia CAMBIO CLIMÁTICO en 2º de ESO (12/01/22)
Susana Bayo Besteiro leva anos traballando en investigación como climatóloga ambientalista na Universidade de Vigo. Iniciou a súa conferencia en cada un dos grupos de 2º de ESO facendo un repaso das súas vivencias e a súa vocación científica.
Explicou como estamos variando a composición de la atmosfera terrestre, como esa variación ocasiona un aumento de temperatura global do planeta, e que consecuencias ten no clima da Terra.
Ademais expuxo algúns exemplos de como se realiza a investigación científica neste campo coa intención de que comprobasen que os nosos alumnos traballan nesa mesma liña.
Finalizou a conferencia con propostas de alternativas para tratar de reducir a nosa contribución ó cambio climático.
DISECCIÓN DE ORGANOS, VISITA AO MUSEO DOMUS E O AQUARIUM FINISTERRAE para 3º de ESO (18/01/22)
O pleno de 3º de ESO realizou unha visita ó museos científicos de A Coruña nun día solleiro que nos permitiu desfrutar ademais dunha comida na Torre de Hércules cunhas temperaturas descoñecidas para a época do ano.
Na tarde, visitouse o precioso Aquarium Finisterrae no que se poden observar multitude de singulares especies mariñas propias do noso litoral así como unha exposición sobre algunhas estratexias de reprodución.
Na mañá, o LABORTORIO ABERTO do Museo Domus nos ofreceu sendas prácticas de disección de corazón para cada un dos grupos A e B. A organización por parte dos museos coruñeses foi impecable, non entramos en contacto con ningún outro visitante en ningún momento co que a nosa burbulla foi estanca todo o día.
Finaliza o programa ARCO deste ano e dicimos ata logo a nosa compañeira Carmen Pérez Picallos
O alumnado do Ciclo formativo de grao medio en Emerxencias Sanitarias realizou o pasado venres unha actividade coa Cruz Vermella, en ela puideron coñecer un pouco máis o seu labor, o material e vehículos asistenciais que empregan na súa actividade. Agradecer dende aquí a súa participaciòn desinteresada en prol da formaciòn e capacitaciòn profesional do noso alumnado.
Parabéns á nosa alumna Alejandra Quiñoy Miramontes polo seu premio no concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro de 2021 "Día internacional contra a violencia de xénero"
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer