Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de Anuncios

Visita a Augas de Sousas dos alumnos de Mantemento e de Automoción

Hai uns días, os alumnos de Mantemento e de Automoción achegáronse ata Augas de Sousas e coñeceron de perto distintos aspectos relacionados cos seus estudos. É de agradecer a colaboración desta empresa co IES García Barbón e a formación dos seus alumnos. 

Blogs de profesorado do IES García Barbón.

Os profesores do IES García Barbón, como froito da súa formación e búsqueda de achegar as TICs ao aprendizaxe dos alumnos, están a traballar nestes blogs. Do seu éxito, dependerá a súa continuidade.

Postal gañadora do I Concurso de Postais de Nadal

Postal gañadora que realizou Ismael González Ferreira (estudante de 1º de Bacharelato). Noraboa!

 

Recursos web do IES García Barbón

Un servizo de información para o conxunto da comunidade educativa. Seguro que che gustará!

Alumnos do IES García Barbón contra a violencia de xénero

Neste vídeo o alumnado do noso centro quixo manifestarse en contra de todo tipo de violencia de xénero, a través de lemas que cada un foi escribindo en cartolinas ou no seu propio corpo. Quizabes algún día, quen sabe, estes "berros" comprometidos logren erradicar a violencia de xénero na nosa sociedade.

 

Viaxe pedagóxica a Porto do alumnado de 2º de Bacharelato

Fai uns días, os nosos alumnos de 2º de Bacharelato foron de excursión a Porto (Portugal), onde puideron ver os principais atractivos turísticos da cidade e combinaron unha viaxe pedagóxica e de lecer. Dende aquí, agradecer o bo ambiente da viaxe.

Ademais, os nosos alumnos quixeron agradecer a implicación do profesorado que participou na excursión, o que nos anima a seguir organizando actividades deste tipo.

Distribuir contido