Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro de Anuncios

Consellos entre estudantes nas Xornadas de Orientación

Os nosos alumnos, porque sempre o serán, e que xa acabaron os seus estudos nalgunha das ofertas formativas do IES García Barbón, tamén  participan nestas xornadas. Cóntannos como lles foi, que impresións lles que quedaron dos estudos realizados e as saídas que lles abriron. A eles, moitas gracias!

Primeiro día das Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego

Este venres, 4 de marzo, iniciáronse no noso instituto as xornadas. Contamos cunha ampla variedade de charlas e coloquios como podes comprobar no programa:

Pensamos que resultaron moi interesantes cada unha delas, pero non só dicímolo nós. Aquí podedes ver a avaliación, mesturadas con algunhas fotos dos actos, que realizaron delas os asistentes:

 

Agradecemos a asistencia e o interese por parte do alumnado e esperamos que lle esteades sacando proveito.

 

Este luns, 7 de marzo, acabaremos estas xornadas con sesións de mañá e tarde. Esperamos a vosa presenza!

O IES García Barbón no xornal La Región coas Xornadas de Información Académica e Orientación para o Emprego

O xornal La Región informa sobre as "Xornadas de Información Académica e Orientación para o emprego". Isto fala do esforzo que realiza este instituto para achegar a información precisa para que todo alumno poida escoller con total liberdade na ampla oferta que teñen ao seu alcance.

 (pulsa nos logos para ir á nova desta información)

 

 

 

 

Excursión do IES García Barbón á estación de esquí de Cabeza de Manzaneda

Os alumnos, tanto de bacharelato como de ciclos de formación profesional, puideron gozar o pasado 3 de marzo dunha xornada na neve. Sen dúbida, pasárono moi ben.

Prazos de admisión e matricula do alumnado de Bacharelato

Non te despistes! Aínda que os prazos son amplos, tes que ter coidado. Se tes algunha dúbida sobre este proceso, diríxeche a secretaría ou ao teu titor se es xa un alumno do noso instituto.

Oferta formativa do IES García Barbón

Tes dúbidas que estudos escoller? Aquí tedes a oferta do IES García Barbón:

A túa participación nas xornadas de Orientación é fundamental

Sen ti, isto non ten sentido. Ao longo destas xornadas poderás coñecer información sobre distintas posibilidades académicas que tes ao teu alcance. Faino polo teu futuro!

Datas de exames e avaliacións (3º trimestre)

Aquí tedes as datas dos exames e as avaliacións desta terceira avaliación. Ánimo, que xa queda pouco!

Charlas informativas de Yolanda Mosquera (Academia Postal) no IES García Barbón

O día 23 de febreiro de 2016 estivo no IES García Barbón, Yolanda Mosquera de Academia Postal de Ourense, 

que nos informou, de maneira específica, sobre as oposicións para os estudantes de Administrativo (Ciclo de grao medio e de grao superior) e para o alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE).
Moitas grazas pola túa colaboración, Yolanda!

 

A experiencia dunha estudante de Pedagoxía no IES García Barbón

Karina Freitas Ribeiro compartiu co noso alumnado uns consellos e orientacións relativos as distintas posibilidades académicas e posibles saídas laborais dende o punto de vista que lle permite plantexar ser unha xoven pedagoga. Aquí tedes unha presentación do que falou:

 

Distribuir contido