Saltar navegación.
Inicio

Bitácoras

no IES García Barbón

Toda a información referente a Escola Oficial de Idiomas (EOI) terá que ser consultada directamente na web da EOI de Ourense e referirse a sección de Verín.

 

VISITAR A WEB DA EOI DE OURENSE

Un conto de Samaín teatralizado

O venres 28 de outubro, alumnos e alumnas de 2º de bacharelato e F.P. Básica asistiron a un conto teatralizado do Samaín, "Ollo de pau".

Os alumnos de TCAE participaron na actividade My Escape Room en León e Bilbao

Durante os días 24 e 25 de outubro os alumn@s de TCAE realizaron unha saída didáctica durante a cal realizaron varias visitas. A primeira delas foi un Burgos, para realizar unha actividade en My Scape Room. A seguinte en Bilbao para visitar a exposición de anatomía Human Bodies, e nesta mesma cidade, visitaron as intalacións de Cruz Vermella. Desta mesma institución, tamén acudiron ao centro de Salvamento Marítimo de Arriluze (Getxo). Xa de volta á Verín, fixeron unha parada en León para ver o centro de parálise cerebral ASPACE.

A web do Concello de Verín informa sobre a Guía do Estudante (a nosa app móbil)

Os alumnos do IES García Barbón contan xa, para este ano lectivo, cunha nova App para dispositivos móbiles. Esta nova ferramenta dixital forma parte dunha tripla guía, que xunto coa súa versión web e o seu equivalente en papel, integran un completo recurso tecnolóxico multiplataforma que busca optimizar o acceso dos alumnos a toda a información básica sobre o funcionamento do centro e os servizos que ofrece.
Esta aplicación, creada para o sistema operativo android, foi deseñada por Carmen Bretaña Quintana, enxeñeira informática e profesora do IES García Barbón, durante o pasado curso 2015/2016 e posto a disposición dos usuarios a principios deste ano lectivo.
Distribuir contido