Bitácoras
O Clube de Lectura con Antón Riveiro Coello
Enviado por admin o Lun, 13/03/2017 - 11:59
O pasado venres 10 de Marzo o Clube de Lectura de Bac e Ciclos do IES García Barbón, asistiu a unha tertulia co autor de "A ferida do vento", Antón Riveiro Coello, no Museo da Limia en Xinzo. Conversamos sobre a súa última novela, sobre a figura de Carlos Casares, o homenaxeado este ano nas Letras Galegas, e descubrimos os trucos que a ficción pode ter...Únete ó Clube e saberalos ti tamén!
AQUÍ E AGORA: Obradoiro de poesía con Xabier Xil Xardón
Enviado por admin o Mér, 08/03/2017 - 18:53
Obradoiro de escrita poética con Xabier Xil Xardón realizado o 6 de marzo.O alumnado reflexionou sobre a escrita, a creación e achegouse á linguaxe poética da man de Xabier Xardón, poeta actual.
Día do Cigarrón no Barbón
Enviado por admin o Xov, 23/02/2017 - 20:01
O mércores 22 visitounos Álvaro Ferreira e deunos unha charla moi interesante sobre o mundo do Cigarrón.Foi vestindo a dous Cigarróns alumnos do centro e describíndonos as partes do traxe. Moitas grazas a Álvaro Ferreira, a Nelson, a Álvaro e Alejandro.
Éxito do I Concurso de Postres do Entroido do Barbón
Enviado por admin o Xov, 23/02/2017 - 19:45
O martes 21 celebramos o concurso de postres e foi todo un éxito. Os membros do xurado non pasaron fame, tivérono moi difícil para escoller o seu favorito. Todos os participantes foron premiados cunha das caretas de Cigarrón feitas polo noso alumnado da ESA.
Programa de Entroido no IES García Barbón
Enviado por admin o Ven, 17/02/2017 - 13:19Xa temos preparado todo para a Semana do Entroido no centro: temos expostas as caretas de cigarrón e os carteis que informan das nosas actividades: Concurso de postres de Entroido o martes 21 e visita de cigarróns (Álvaro Ferreira, Nelson e outros alumnos do instituto) o mércores 22.
Agradecementos: A Jesús Ferreiro Dameá, alumno da Esa, por debuxarnos as caretas; a Nelson por facérnolas en escaiola, ao profesor Encinas por deseñarnos o cartel e a Borys Martínez por cedernos a foto do Cigarrón.
Que viva o Entroido no Barbón!
Avaliación da satisfacción do alumnado do IES García Barbón
Enviado por admin o Lun, 13/02/2017 - 22:57- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- …
- seguinte ›
- última »