bitácorea de Biblioteca
8M: Mulleres en historia e literatura
Enviado por Biblioteca o Mar, 08/03/2022 - 11:42No primeiro andar do centro, coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato, fixemos unha exposición de mulleres na historia e literatura.
8M: AS MULLERES DA NOSA VIDA
Enviado por Biblioteca o Mar, 08/03/2022 - 11:33Con motivo da celebración do 8M no vestíbulo da entrada fixemos un pequeno mural dedicado ás mulleres da nosa vida.
23 F. Día de Rosalía de Castro
Enviado por Biblioteca o Mér, 23/02/2022 - 12:05Hoxe é o día da nosa gran poeta galega, Rosalía de Castro.
Neste cartel vemos debuxos feitos por alumnado do noso centro.
PROGRAMA ENTROIDO IES GARCÍA BARBÓN
Enviado por Biblioteca o Mar, 22/02/2022 - 14:16O ENTROIDO XA CHEGOU!!!
Este xoves 24 de febreiro celebramos o Entroido no IES García Barbón e contamos con moitas actividades.
-Ás 12h dará comezo o concurso de disfraces.
-Ás 13 horas ou despois do concurso, haberá diferentes actividades: xogos populares e pingpong no patio, concurso de baile no patio cuberto, xogos na bilbioteca e bingo na aula de informática (bingo e biblioteca ata encher o aforo).
-A partir das 13h a profe Mayca dará unha charla sobre o Entroido nunha aula aínda por determinar.
O ENTROIDO NO IES GARCÍA BARBÓN. PARTICIPADE!!!!!
Enviado por Biblioteca o Lun, 07/02/2022 - 20:46No IES García Barbón imos ter un Entroido cargadiño de actividades. Anímate e participa. Apúntate antes do 14 de febreiro na folla que haberá na túa clase.
Dálle a volta ao conto!!!
Enviado por Biblioteca o Ven, 21/01/2022 - 14:23Anímate a participar no concurso de relatos para o 14 de febreiro. Tes que darlle a volta a un conto tradicional e camibar a perspectiva do amor que nos transmitiron desde sempre.
Cambiemos as tornas!!!
NOVA EDICIÓN CONCURSO DE HAIKUS POLA PAZ!!
Enviado por Biblioteca o Ven, 21/01/2022 - 14:15Imos celebrar o día da Paz!!!
-Colle unha pomba de papel que deixaremos na túa aula.
-Escribe nela o teu haiku (tres versos) sobre a paz.
-Pon o teu nome e apelidos no reverso da pomba.
-Entrégaa na biblioteca antes do día 27 de xaneiro.
-O haiku gañador levará un premio.
-Anímate e participa!!!
PATRIMONIO ORAL
Enviado por Biblioteca o Ven, 14/01/2022 - 13:53Entre todos e todas imos recoller exemplos da nosa tradición oral.
Preguntade na casa ou nas vosas aldeas a todas aquelas persoas que coñezan contos, lendas, cancións... da vosa zona ou contorna.
Animádevos a participar!!!
INSTRUCIÓNS ACTIVIDADES NADAL
Enviado por Biblioteca o Ven, 17/12/2021 - 13:37CHEGAN AS ACTIVIDADES DO NADAL
Lembrade que esta vez non é un campionato, a división por equipos só ten a función de respectar o aforo en cada espazo.
ACTIVIDADES NADAL DÍA 21 DE DECEMBRO
Enviado por Biblioteca o Ven, 03/12/2021 - 13:13PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DO 21 DE DECEMBRO!!!
Teremos ao Apalpador, xogos populares, xogos na biblio e ata un GOT Talent.
Le as instrucións, anótate e a pasalo ben!!