Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

V. Epílogo

EPÍLOGO.


No momento no que redactamos estas liñas finais decir que o centro reduciú notablemente o seu alumnado e profesorado respeito de cursos anteriores pero con todo, inda hai nestes momentos máis alumnado que hai vintecinco anos (330 hoxe fronte aos 262 do curso inaugural); hai hoxe máis niveis educativos que hai vintecinco anos, e tamén as instalacións son mellores porque mudou a ratio alumnado/aula e hai máis espazo para instalacións complementarias que antes non se contemplaban. Pódese decir que estamos mellor que hai vintecinco anos; nese senso o tempo non pasou para peor.


Evidentemente todo é perfectible e hai aspectos que poden mellorarse e de seguro que ha de facerse para beneficio da comunidade educativa, porque tamén é certo que todos os sectores desa comunidade están conformes en avanzar na procura dun ensino público de calidade para o noso alumnado.


Unha vista atrás tamén nos amosa que poucas cousas se acadan sen traballos e esforzos e que a unión de todos os esforzos é precisa sempre; pero que coa unión e o propósito decidido de todos pódense conseguir moitas cousas, anque non sempre todas as que se desexan. En calquera caso esta comunidade educativa, este centro, son un exemplo de tesón e de loita indesmaiable por conquerir para os seus fillos e alumnado a mellor e máis completa oferta educativa e cos maiores medios para atinxila. Esa loita non sempre foi acompañada polo éxito pero iso non botou para atrás a ninguén e cando se plantexou un novo desafío volveuse a combater para vencelo e superalo.


Todas as persoas que pasaron polo centro (alumnado, profesorado, pais e nais, persoal de admnistración e servizos) deixaron a súa pegada e contribuiron a que o centro sexa o que é hoxe en día; sen esquecer tampouco ás institucións políticas, cívicas e sociais que amosaron sempre a súas disposición a colaborar co centro na consecución dos seus obxectivos de ofrecer o mellor para o seu alumnado. A todos eles grazas pola súa participación e noraboa por este aniversario.


¡ Moitos anos máis para o IES Fontexería!




Iniciar sesión: Acceso
book | by Dr. Radut