NovasACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIAEnviado por prof_mvr o Mar, 04/04/2017 - 12:47
O Concello da Coruña abrirá o luns 3 de abril o prazo para a inscrición no programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI.1ª CONVOCATORIA, que permitirá que 25 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia. Inscrición na web educativa do Concello (www.edu.coruna.es) a través dunha ficha específica e presentando a documentación exisida nos rexistros municipais. O proceso de selección dos participantes se desenvolverá durante os meses de abril a xuño e as persoas seleccionadas poderán facer as súas prácticas formativas durante os meses de setembro a decembro de 2017. Nos adxuntos pode consultarse información completa e bases da convocatoria ( categories: )
DATAS E HORAS DOS EXAMES DE PENDENTES A REALIZAR NO MES DE MAIO 2017Enviado por prof_mvr o Mér, 29/03/2017 - 07:37
No anexo figura o CALENDARIO DE EXAMES E SESIÓN DE AVALIACIÓN EXTRAORDINARIOS CORRESPONDENTES A MATERIAS/ASIGNATURAS/MÓDULOS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES ( categories: )
FIN PRAZO SOLICITUDE PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2017Enviado por prof_mvr o Mér, 22/03/2017 - 04:57
O próximo día 27 de marzo remata o prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (convocadas pola Orde do 2 de febreiro de 2017, DOG do 27 de febreiro), prégase que no seu Centro se dea a máxima difusión posible desta convocatoria entre o alumnado e as familias que poidan atoparse no ámbito da mesma. A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle ( categories: )
ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2017-18Enviado por prof_mvr o Ven, 03/03/2017 - 08:33
Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2017, ambos incluídos.A solicitude formalizarase:
Só se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia.Pulsa aquí para consultar as prazas ofertadas no centro. Lexislación aplicable:
( categories: )
RESULTADOS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016Enviado por prof_mvr o Mar, 29/11/2016 - 07:43
Hoxe 29 de novembro de 2016, a Xunta Electoral reunida ás 11:00 no IES Fernando Wirtz proclamou os seguintes candidatos electos:
Contra a presente proclamación de candidatos elixidos poderase presentar por un prazo de 15 días reclamación perante a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.
( categories: )
MODIFICACIÓNS AO CALENDARIO E PROCLAMACIÓN CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR 2016Enviado por prof_mvr o Ven, 18/11/2016 - 05:56
Acordos tomados na segunda reunión da xunta electoral para eleccións ao Consello Escolar 2016 1º Modificar a data de votación dos sectores de alumnado, pais/nais/titores e Persoal de Administración e servicios ao coincidir cunha convocatoria de folga de alumnado, fixando como data de votación o 23 de novembro de 2016 de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 2º Admitir e proclamalas candidaturas presentadas polos distintos sectores segundo se indica de seguido: Persoal de Administración e Servicios: Dna. Carmen Lozano Mouzo Alumnos: D. Jacobo Vázquez Encina (ASIA) D. Juan Diego Couceiro Bañol (3EA) Dna. Daniela Lozano Serna (4EB) Profesores: D. Ceferino López Cabarcos Dna. Berta Vaquero Lastres D. Jose Luis Vilariño Brea D. Eloy Alonso Lera Dna. Adela Otero Abrodos Pais e Nais de alumnos: Dna. Clementina COELLO BLANCO D. Carlos Antonio Gómez Babío
3º Aprobar e publicar definitivamente os distintos censos electorais. 4º Aprobar os modelos de papeletas e sobres de votación. Nas papeletas con membrete do Instituto, figurarán a relación alfabética dos nomes dos candidatos (a sinalar cun equis no acto da votación). Os sobres serán todos iguais, de cor amarelo. 5º Seguidamente, en virtude das disposicións legais en vigor o Director e Presidente da Xunta Electoral procede a dalas instruccións oportunas para designar mediante sorteo os compoñentas das distintas mesas electortais, coa previsión de suplentes. O resultado do sorteo será comunicado aos interesados. ( categories: )
CONVOCATORIA ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016Enviado por prof_mvr o Mér, 09/11/2016 - 07:37
Con data 8 de novembro de 2016 a XUNTA ELECTORAL aprobou o calendario do proceso de eleccións ao consello escolar. Nas seguintes ligazóns poden consultarse os seguintes documentos
RECÓRDASE QUE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN É DO 9 AO 16 DE NOVEMBRO. AS VOTACIÓNS TERÁN LUGAR O 24 DE NOVEMBRO de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 ( categories: )
INFORMACIÓN ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAREnviado por prof_mvr o Mér, 26/10/2016 - 06:15
( categories: )
PRAZAS VACANTES EN MÓDULOS DE RÉXIME ORDINARIO PARA PERSOAS MATRICULADAS NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS 16-17Enviado por prof_mvr o Mar, 04/10/2016 - 03:39
Tal e como indica a : Disposición adicional primeira. Ampliación da oferta do réxime de persoas adultas coas prazas vacantes no réxime ordinario As prazas que resulten vacantes logo de finalizadas as correspondentes fases de admisión e matrícula polo réxime ordinario, poderán ser ocupadas en réxime de persoas adultas. Para estes efectos, amplíase a oferta modular, polo réxime de persoas adultas, de ciclos formativos de formación profesional, en todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan autorizada a oferta polo réxime ordinario para o ano académico 2016/17. No seguinte documento poden consultarse os módulos de ordinario nos que existen prazas vacantes que podrán ser ocupadas por ALUMNOS MATRICULADOS NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS.
( categories: )
|
Iniciar sesión: Acceso
Buscar |