ACLARACIÓNS PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS
Enviado por prof_mvr o Mér, 12/07/2017 - 05:41
Debido ás múltiples consultas feitas por correo electrónico e telefónicamente con respecto á admisión en ciclos publicamos as seguintes aclaracións:
- As persoas que solicitaron praza nalgún ciclo e saíron nas listaxes provisionais publicadas o pasado 7 de xullo NON TEÑEN A PRAZA ASEGURADA. O figurar nesas listaxes quere dicir que a súa solicitude é correcta.
- Ante ditas listaxes os que non estiveran dacordo puxeron reclamación ata as 13:00 do día 11 de xullo.
- O próximo 18 de xullo publícanse as listaxes definitivas de solicitudes e a 1ª ADXUDICACIÓN.
- Nesa adxudicación SI QUE SE REFLEXA se o solicitante ten praza nos centros elixidos.
- A matrícula ten que realizarse entón, e finaliza o día 24 as 13:00. Esta ten que ser feita ven polo interesado ou persoa debidamente autorizada.
- O día 27 publícase a 2ª adxudicación.
- A matrícula ten que realizarse para esta 2ª adxudicación entre o 27 e o 31 de xullo as 13:00.
- O alumnado ADXUDICADO e que non efectúa a matrícula nin renuncie á praza adxudicada quedará excluido do proceso.
- O alumnado que renuncie a unha praza quedará na listaxe de espera para as súas petición que estiveran por encima desta.
Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).
|