MATRÍCULA NOS MÓDULOS RESERVADOS NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS 16-17

Enviado por prof_mvr o Mar, 30/08/2016 - 02:20

Segundo o punto 4 do artigo 20 da ORDE do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas

As persoas que reserven módulos e non se matriculen deles no período ordinario deberán formalizar estas matrículas antes do remate do prazo de presentación de solicitudes do período extraordinario. En caso contrario perderán o seu dereito sobre os módulos reservados.

Polo tanto a data e hora de remate é o 9 de setembro as 13:00

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • Impreso de matrícula 
  • Certificado académico se non presentaron a solicitude neste centro
  • 3  fotografías tamaño carnet co nome pola parte traseira)
  • Os menores de 28 anos resgardo do ingreso na conta de ABANCA nº: ES24-2080-0058-14-3040006317 da cantidade de 1,12 € en concepto de pago do seguro escolar.
  • Carnet escolar (recóllese en conserxería)