ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS 2015-2016

Enviado por prof_mvr o Mar, 16/06/2015 - 03:48

Publicado o calendario de admisión a ciclos formativos para o vindeiro curso 2015-16

Pode verse no ficheiro adxunto e consultar máis información no seguinte enderezo

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-informacion-oferta-impresos

Prazos do proceso de admisión

 

SOLICITUDE WEB

Pódese facer a solicitude de admisión a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/ciclosadmision. A instancia que xera a aplicación informática deberase imprimir e presentar, acompañada da documentación que se requira, en calquera centro educativo de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos. A solicitude enténdese como non válida sen o requisito de presentación nun centro, agás que na propia solicitude xerada pola aplicación informática se indique que é unha solicitude validada e que non precisa ser presentada nun centro educativo; neste caso a copia impresa conservarase como resgardo. CONSULTAR INSTRUCCIÓNS SOLICITUDE WEB