CONCURSO "Explica Xeografía coas túas fotos"

Enviado por prof_mvr o Mér, 27/05/2015 - 06:53

Patricia Rajo gaña o concurso "Explica Xeografía coas túas fotos"

Patricia Rajo Vázquez, alumna de 3º da ESO, resultou ser unha das cinco finalistas da fase galega do concurso "Explica Xeografía coas túas fotos", que organiza a Asociación de Geógrafos Españoles.

A fotografía que Patricia presentou ao concurso retrataba o Monte de San Pedro e, no fondo, a Costa Ártabra. Acompañábase do texto que podedes ler a continuación:



"Esta foto do monte de San Pedro en A Coruña sacouse o día 3 de septembro de 2012.

Até mediados do XX, o monte facía parte da defensa da costa coruñesa. Pódense ver os canóns de 17 metros de longo e máis de 880 quilos.

Na actualidade é un dos lugares máis visitados da cidade, porque é un miradoiro privilexiado.

Foi inaugurado o 6 de xuño de 1999, con 78.339 metros cadrados de zonas axardinadas. Unha das partes máis aclamadas polos turistas é o ascensor mirador, desde o que se ofrece unha panorámica da costa coruñesa e da Torre de Hércules."

  

Xunto cos outros catro finalistas, Patricia pasará a competir na fase española. Boa sorte a todos.