Información Erasmus +Enviado por prof_mvr o Lun, 31/03/2014 - 13:16
ERASMUS+ IES "FERNANDO WIRTZ SUÁREZ " A CORUÑA
O novo programa da Comisión Europea, chamado “Erasmus for all” ou “Erasmus+”, substitúe todos os programas previos (Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci, Grundtvig, Xuventude en Acción, etc.) dende o ano 2014. A Unión Europea pretende flexibilizar a xestión de dita acción, a difusión e diseminación do espíritu europeo así como a creación de novas oportunidades de empleo e formación para os ciudadans da Unión Europea e cumprir así cos obxetivos de Europa 2020
O número de Carta Erasmus + para o período 2014/2020 do IES FERNANDO WIRTZ SUÁREZ é 250551-LA-1-2014-1-ES-E4AKA1-ECHE
Información institucional Portal da Comisión Europea – Erasmus+
Criterios de selección de participantes nas mobilidades Erasmus+ O programa europeo Erasmus+ financia a realización da FCT no estranxeiro. Criterios de selección de participantes (dous puntos cada un):
Cando se solicita? Procedemento de comunicación ao alumnado de convocatorias e prazos. A través da páxina web do centro e no taboleiro de anuncios xeral e en particular nas aulas dos Ciclos de Grao Superior , exporanse publicamente as diferentes convocatorias de mobilidades e prazos de presentación. Durante o 1º trimestre do curso todo o alumnado matriculado en ciclos de grao superior, é informado polos responsables dos programas europeos, das mobilidades e posibilidades de formación en empresas o e/ou institucións en países da comunidade europea, e aqueles outros países que non sendo da comunidade europea teñan un convenio específico en vigor. Cando se sabe se es seleccionado/a? No caso de haber menos solicitudes que prazas: cando finalice o prazo de solicitude. No caso de haber máis solicitudes que prazas: pouco antes de realizar a FCT farase unha proba de lingua estranxeira. Despois ordénanse segundo os criterios de selección e publícase a lista de seleccionados. Até a data de avaliación non é posible saber quen foi seleccionado/a con certeza. Erasmus+ inclúe algún tipo de curso de idiomas no país de destino? Si, tanto en orixe como en destino. A formación lingüística en orixe é só para o alumnado seleccionado? Non, é para todos os solicitantes de bolsa Erasmus+. Normalmente realízase durante o ano académico, antes da selección de participantes. Cal é o papel do IES Fernando Wirtz? O centro desempeña o papel de socio de envío: selección de participantes, preparación lingüística e cultural en orixe, axuda na preparación da viaxe incluindo seguros e aloxamento, xestión da FCT, titoría, certificación mediante Europass Mobility, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.Contamos con socios intermediarios en Dublín. A viaxe é xestionada polo propio alumnado. BEFORE MOBILITY-ANTES DA MOBILIDADE Todos os cursos que se imparten no IES Fernando Wirtz están incluídos no catálogo ou relación de cursos descritos na páxina web do centro. Enlace de acceso www.edu.xunta.gal/centros/iesfernandowirtz PERIODOS DE MOBILIDADE Movilidades a realizar dende Setembro 2014 a Xuño 2015 Convocatorias informativas previas as mobilidades e período de preinscripción :
A) Na segunda quincena de Maio do 2014 para os alumnos dos rexime de persoas adultas., que realizarán a FCT dende setembo a decembro 2014
B) Na segunda quincena de Outubro do 2014 para os alumnos do rexime de ordinario, que realizarán a FCT dende marzo a Xuño do 2015 A selección dos alumnos farase de acordo ó número de mobilidades disponibles do 15 a 30 de xuño para o grupo A e do 15 ao 30 de xaneiro para o grupo B). Farase de acordo os criterios mencionados anteriormente. O centro conta cun banco de empresas colaboradoras e institucións, coas que se pretende continuar colaborando e aumentado progresivamente mediante visitas preparatorias, contactos con antigos alumnos no estranxeiro, experiencias de outros centros de Galicia, sobre todo institucións con formación en especialidades similares ás que nós impartimos e información enviada polo OAPEE referente a empresas, institucións interesadas en colaborar con nós.
Procedemento para acordos interinstitucionais. - Contacto con representantes da institución por teléfono, correo electrónico, visita preparatoria ou outra canle de comunicación dispoñible, co fin de analizar a dispoñibilidade da mesma de recibir e facer o seguimento do alumnado en formación. - Asinado de acordo de colaboración entre a institución e o IES Fernando Wirtz (Anexo III)*, con asignación incluída do alumnado e período de formación. - Busca e/ou colaboración para o aloxamento do alumnado, por parte da institución asinante. - Envío de toda a documentación que debe ser acordada e asinada entre as empresas seleccionadas e oIES Fernando Wirtz (procedemento de acordos de aprendizaxe, FCT).
Procedemento para acordos de aprendizaxe, FCT (prácticas en empresas). - Identificación da empresa e os seus departamentos de actividade produtiva, onde o alumnado pode levar a cabo as actividades formativas. - Contacto con representantes da empresa por teléfono, correo electrónico, visita preparatoria ou outra canle de comunicación dispoñible, co fin de analizar a dispoñibilidade da empresa de recibir alumnado en formación. - Reunión do titor co coordinadorde programas europeos para a distribución de alumnado e empresas dispoñibles. - Acordo entre empresa e o IES Fernando Wirtz do programa/s formativo/s (anexo II)*, (un por cada tipo de ensinanza), período de formación e áreas ou departamentos onde realizará as prácticas o alumnado. - Asinado de acordo de colaboración entre empresa e IES Fernando Wirtz (Anexo I)*, con asignación incluída de alumnado e período de formación e anexo II (plan individualizado ou programa formativo). Mínimo dous meses antes do inicio da actividade formativa. - Solicitude de autorización para a estadía de formación (anexo IV)*, as autoridades educativas da Consellaría de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. * Orde do 24 de maio de 2005 (D.O.G. do 13 de xuño de 2005) http://www.xunta.es/dog/Publicados/2005/20050613/Anuncio15F1A_gl.pdf
Elaboración de acordos de prácticas Paralelamente engadirase a este acordo (anexo I de FCT fora do estado español), un acordo ou programa formativo do alumnado (anexo II de FCT). Este documento servirá para o seguimento da formación do alumno na empresa e/ou institución como certificado oficial, unha vez rematado o período de formación e deberá ser asinado por un representante da empresa e/ou institución, declarando ao alumnado Apto ou Non Apto.
DURING MOBILITY-DURANTE A MOBILIDADE Seguimento da mobilidade, avaliación, recoñecemento do período de prácticas, difusión. O seguimento da formación do alumnado será realizada pola coordinadora de programas europeos xunto con a comisión anteriormente mencionada. O centro de acollida e, de ser o caso, a propia empresa tamén de acollida, no país de destino, deberán dispor dunha persoa encargada de actuar como titor do alumno/a que vaian acoller, e deberán facilitar todos os datos que o titor ou coordinador do centro de orixe precisara. O docente encargado da titoría no centro educativo de orixe manterá contacto periódico, como mínimo cada quince días, co alumno en formación e co titor do centro de traballo de acollida, coa finalidade de facer o seguimento da estadía. Para o alumnado procedente doutros estados acollido con mediación de centros educativos para a realización de formación práctica en centros de traballo situados no territorio de Galicia, o titor designado polo centro educativo deberá realizar o seguimento de xeito presencial, para o que deberá cursar, cando menos, dúas visitas ao centro de traballo, unha para a presentación e outra ao longo do período que dure a estadía. O centro proporcionará apoio lingüístico ós participantes acollidos durante alomenos dous meses e asegurará a súa integración na vida diaria da comunidade escolar.
AFTER MOBILITY. DESPOIS DA MOBILIDADE A realización do programa formativo establecido para as estadías será avaliada segundo o recollido na normativa vixente que regula o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional específica. O IES Fernando Wirtz arquivará copia, no expediente do alumno, da documentación relativa á xestión, ao seguimento e á avaliación das estadías realizadas fóra do Estado español, segundo o disposto na normativa reguladora do desenvolvemento do módulo de formación en centros de traballo vixente en cada momento.. O IES Fernando Wirtz recoñecerá, polo tanto, ao alumnado os resultados acadados nas súas prácticas en empresas a través de varios documentos, que emitirán o departamento de Relación con empresas ou o coordinador de programas europeos: – Plan individualizado no que se recollen as tarefas previstas e realizadas durante as prácticas, que asina e sela o titor/a da empresa. – Follas de actividades diarias realizadas na empresa, nas que se especifican as datas de realización das tarefas e a súa duración, que asinarán o alumno e o titor/a. – Suplemento ao título, no que se recoñecen 22 créditos asociados ao módulo de formación en centros de traballo que realiza o alumnado nas empresas, selado polo centro. NORMATIVA EN VIGOR APLICABLE: Orde do 28 de febrero de 2007 (D.O.G. do 8/03 /2007) Sistema de créditos académicos e a metodoloxía utilizada Os ECTS recoñecidos para o alumnado destes ciclos de grao superior que ofertamos no IES Fernando Wirtz , reflíctense nos diferentes suplementos Europass ao Título Superior emitidos como complemento ao título oficial. O recoñecemento dos ECTS (European Credit Transfer System), asignados as prácticas que o alumnado realiza no estranxeiro, realizase seguindo o seguinte procedemento: 1. O alumnado debe acreditar a realización das prácticas de mobilidade Erasmus, no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, mediante o certificado de estancia (Certificate of Attendance) expedido pola empresa ou institución europea onde se houbera levado a cabo. 2. Revisada a documentación, procédese a emitir para cada alumno/a o suplemento Europass ao título de Técnico Superior, no que se lle outorgan 22 ECTS, correspondentes ao módulo de Formación en Centros de Traballo.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2005/20050613/Anuncio15F1A_gl.pdf Medidas de apoio, promoción e recoñecemento da mobilidade
Informe final do persoal docente e non docente, no que se reflicten as datas de mobilidade, actividades realizadas e resultados que asina a persoa beneficiaria, a empresa ou institución de acollida e Certificado de estancia, no que figuran as datas da mobilidade, e asina e sela a institución de acollida. Unha vez rematada a súa mobilidade o Centro difundirá a súas experiencias a través dos medios de comunicación locais, asi como na páxina web do centro e solicitando participen activamente nas reunión cos posibles candidatos en futuras mobilidades para relatarlles a súa experiencia persoal. O Centro incluirá na base de datos do Departamento de Relación coas Empresas os CVs actualizados de ditos alumnos, de cara a posibles postos de traballo. http://www.edu.xunta.es/fp/estadias-formativas-en-empresa
( categories: )
|
Iniciar sesión: Acceso
Buscar |