Skip to Content

Novas

CHALLENGE STEM, un xogo inmersivo e colaborativo dirixido ao alumnado de Bacharelato e FP Superior de Galicia

O alumnado de Bacharelato da rama científica e Ciclo Formativo de Grao Superior pode participar nesta actividade "Challenge STEM".

O Challenge STEM é o punto de encontro virtual que permitirá espertar a vosa paixón polas materias de ciencias e compartir os vosos coñecementos para desenvolver unha aprendizaxe colaborativa, atractiva e lúdica.

Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

O Consello da Xunta, na súa reunión do 15 de setembro de 2022, aprobou os decretos polos que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria, da ESO e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Nos vindeiros días serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Currículo da Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia

O Consello da Xunta, na súa reunión do 15 de setembro de 2022, aprobou os decretos polos que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria, da ESO e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Nos vindeiros días serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

 

Reparto de libros de texto de 3º ESO

O próximo martes 20 de setembro das 16:30 horas ás 18:00 horas poderán pasar a recoller os libros de texto aquelas familias beneficiarias da axuda do fondo de libros.

Adiada a reunión inicial coas familias

Estaba previsto a reunión inicial coas familias para o xoves 29 de setembro pero temos que adiala para o xoves 6 de outubro.

Reparto de libros de texto de 1º ESO

O próximo martes 20 de setembro das 16:30 horas ás 18:00 horas poderán pasar a recoller os libros de texto aquelas familias beneficiarias da axuda do fondo de libros.

Información inicio de curso 2022-23

Este é un breve de resumo para poder empezar o curso con menos dúbidas.

Indicacións de uso da cafetería do IES Fernando Esquío

Este curso aos usuarios e usuarias da cafetería solicítaselles:

- Empregar como o curso pasado unha das portas como entrada e a outra como saída (están sinalizadas).

- Gardar fila de un cando se vaia a mercar.

- Non permanecer na cafetería despois de mercar.

Moitas grazas por seguir as indicacións

Adiado o reparto de libros de texto 1º ESO e 3º ESO

Por falta de existencias dos libros de texto de 1º ESO e 3º ESO debemos adiar polo menos ata a vindeira semana o reparto de libros. No momento que teñamos todos os exemplares notificarase o día e a hora de recollida.

 

Instrucións para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Publicación conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Sanidade das instrucións para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Distribuir contido


by Dr. Radut