Skip to Content

Novas

Aclaracións da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa relativas á organización do final do curso 2022/2023

Estas aclaracións publicadas no día de hoxe deben ser aplicadas nas etapas da ESO e de Bacharelato.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Máis información

Alerta dun fenómeno metereolóxico adverso de nivel laranxa por vento e acumulación por neve

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

Orde do 27 de decembro de modificación da Orde do 20 de maio de 2022

Na orde do 20 de maio de 2022 aprobouse o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2023

Prazos de inscrición:

- O prazo de inscrición a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición está abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

- O prazo de inscrición a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición está abranguido entre os días 23 dexaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38835

Bo Nadal!

O período de vacacións de Nadal está comprendido entre os días 23 decembro 2022 e 6 xaneiro 2023. As clases retomaranse o luns 9 de xaneiro de 2023.

O persoal docente e non docente do IES Fernando Esquío deséxalles unhas Felices Festas!

IES Fernando Esquío participa no Plan Proxecta+ durante o curso 2022/23

O IES Fernando Esquío é un dos centros admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2022/23. O noso centro participa no programa: Apuntámonos a non beber.

Ligazón

Horarios exames pendentes 1ª avaliación

No seguinte documento aparecen as datas e horario das probas de materias pendentes que se realizarán fóra do horario lectivo.

Vales de material escolar

 

Os beneficiarios dos vales de material escolar poden pasar a recoller o vale adicional de 25€. O vale debe empregarse na libraría antes do 1 de decembro de 2022.

 

Guía para centros educativos da Axencia Española de Protección de Datos

Guía publicada pola Axencia Española de Protección de Datos que inclúe os conceptos e principios básicos en materia de protección de datos co obxectivo de comprender máis facilmente a súa aplicación nas concretas situacións que se presentan na práctica tendo presente a perspectiva do novo Regulamento Xeral de Protección de Datos.

Distribuir contido


by Dr. Radut