Skip to Content

Inicio de curso 2023/24

Estimada comunidade educativa:  O luns día 11 de setembro o alumnado do IES Fernando Esquío empeza o curso escolar con horario completo de 8:30 a 14:10.

Ás 8:30 as persoas titoras de cada grupo darán a benvida ao alumnado e farán unha presentación na que se informará do horario, das normas do centro, etc.

Despois contuarán as clases de xeito ordinario ate as 14:10.

 

En breve comunicaremos as datas da recollida dos libros de préstamo e das reunións coas familias.

 

 

Por outra parte tal e como indica a Consellería de educación na orde do calendario escolar deste curso 2023/24:

 

"As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos incluídos."

"Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:

 

  • Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos incluídos.

  • Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024. – Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos.

  • Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos."

 

 



blog | by Dr. Radut