Skip to Content

Saída a Ferrol do alumnado de 3º e 4º ESO

 

O pasado de 23 febreiro o alumnado de 3º e 4º ESO realizou unha saída a Ferrol organizada polos departamentos de Francés e Xeografía e Historia.

O alumnado de Francés asistiu á representación da obra Le Tour du monde de Nellie Bly, baseada na obra de Xulio Verne A volta ao mundo en 80 días. A función foi organizada para público escolar por BHM Produccións – La Bohème.

Paralelamente, o resto do alumnado visitou o Museo Naval, no que puideron achegarse aos detalles máis interesantes da navegación e a evolución das distintas embarcacións navais cunha perspectiva histórica.

Por último, todo o alumnado realizou un roteiro polas rúas da cidade con perspectiva de xénero, onde unha guía especializada deu ao coñecer a algunhas das mulleres ferrolás máis importantes, así como algúns lugares onde se realizaban oficios tradicionalmente femininos. 

 



blog | by Dr. Radut