Skip to Content

Xornada de orientación sobre o Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades e o Grao de Dirección e Xestión Pública

O mércores 27 de abril, ás 10 h, na Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra), organízase unha xornada de orientación online titulada “O bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades: unha ponte ao Grao en Dirección e Xestión Pública”. 

O obxectivo é dar a coñecer claves da formación que demandan os directivos/as e empregados/as do sector público no actual contexto caracterizado polos acelerados cambios tecnolóxicos (big data, intelixencia artificial, robotización, cloud computingblockchain...) e presentar o Grao en Dirección e Xestión Pública como unha opción formativa.

Destinatarios: Alumnado do bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades, principalmente, de 2º curso.

Modalidadeon line

Lugar: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772  contrasinal estudantado: 6uTYsN3K

Data: mércores, 27 de abril de 2022

Hora: 10h.

Duración: 40 minutos

 



blog | by Dr. Radut