Teléfono 881930387 Código do centro: 15027216 ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
Visita a Metal Ferrol
Hoxe os nosos alumnos de 2º ESO visitaron as instalacións de Metal Ferrol, S.A.L.
Esta visita forma parte do programa “Atrévete”, desenvolvido no marco do “Plan Eduemprende” da Consellería de Educación, o seu obxectivo é fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de Educación Secundaria no espírito emprendedor.
A empresa Metal Ferrol conta con dúas naves industriais no Polígono Río do Pozo de Narón e foi recoñecida co indicador de “Empresa con Alto Potencial Competivo” por parte do IGAPE.
Dedícase ao mecanizado de pezas metálicas e plásticas, reparacións mecánicas industriais e á fabricación de bens de equipo e compoñentes para o sector eólico.
A empresa ten a forma xurídica de “SAL” (Sociedade Anónima Laboral): as traballadoras e traballadores da empresa son os donos maioritarios da mesma. Como entidade de economía social, nace en 1993 co obxectivo de crear e manter emprego estable para os seus socios que, como mencionamos, posúen a maioría do capital social e controlan os órganos directivos da empresa, formando así unha organización autogestionada.
Adheriuse á marca “ Facendo Empresa”, que identifica a todas as sociedades laborais de Galicia.