Teléfono 881930387 Código do centro: 15027216 ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
AESLEME imparte a charla "Te pode pasar a tí"
Todos os anos no centro se organizan charlas dentro das actividades de educación en valores e sensibilización en educación vial, grazas á colaboración da asociación AESLEME e o programa “Te pode pasar a ti” Juan Antonio Gutiérrez Mosquera mostroulle aos alumnos vídeos sobre os perigos de conducir baixo os efectos de alcohol e drogas e de qué xeito os impactos nun accidente de tráfico poden incidir na túa vida futura, se é que non a perdes como en moitos casos. Tamén mostrounos como unha persoa nunha cadeira de rodas ten que adaptarse á nova situación e cómo solventar as distintas dificultades que se atopan facendo fincapé en que depende de todos nos respectar aos que teñen limitada a súa mobilidade e acceso tanto físico como intelectual á vida cotiá.
Toda unha lección de vida para os nosos alumnos que esperamos que tomen nota.
En AESLEME (Asociación para o estudo da lesión medular espinal) dedicanse á prevención daqueles accidentes que provocan lesións medulares e cerebrais, así como á sensibilización social, non só para diminuír a cifra de falecidos e feridos, senón tamén para transmitir, á poboación, os problemas –sociais, psicolóxicos e físicos- aos que se enfrontan as persoas discapacitadas despois dun accidente.